Este sábado día 10 de xuño, terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo) o Festival de Danza Moderna que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O evento dará comezo ás 19 h. e xunto ao Grupo de Baile Moderno da Escola da A.C. Traspés, actuarán os grupos das asociacións de Matamá e Beade.
Onte, día 21 de maio de 2023, celebramos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
Non podemos publicar os resultados sen antes agradecer o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.
E como non, grazas infinitas a Carme López, Guillerme Ignacio e Pedro Brañas por acceder a exercer de membros do xurado e realizar esa dificultosa tarefa.
Nesta décimo primeira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os resultados foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: Grupo Infantil de Pandeireta Peis d’hos, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo) 2º Premio: Caramuxos, da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo) 3º Premio: Os Castros, dos Xeitosos de Trazo (Trazo) Accésit de vestiario: Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo) 2º Premio: As Buxainiñas escola xuvenil do Etnográfico A Buxaina, do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo) 3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) Accésit de vestiario: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Sanxenxo) 2º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) 3º Premio: Retranqueiras, da A.C. Retranqueiros (Ames) Premio ao mellor vesitario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Millóns de grazas ás 31 agrupacións participantes nesta edición e PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!
Este domingo 21 de maio terá lugar a décimo primeira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, e por segundo ano, celebrarase no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
A xornada de mañá na que participarán as categoría A e B comezará ás 11 h., e a categoría C terá lugar pola tarde, ás 17 h.
O evento conta co patrocinio do Concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra, de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e Bulideira tenda de roupa tradicional.
Esta fin de semana, 13 e 14 de maio, celébrase en Bouzas a Festa da Brincadeira, e Traspés estará presente actuando con varios grupos no escenario situado na rúa Eduardo Cabello.
As intervencións por parte dos grupos de Traspés serán as seguintes:
· Rudilleiras – sábado ás 14:30 h. · Recoiro – sábado ás 15:30 h. · Ferbellicos – sábado ás 17:30 h. · Pandereteiras Traspés – sábado ás 18:30 h.
· Escola de gaita e percusión tradicional – domingo ás 14:30 h. · Charanga Traspés – domingo ás 17:30 h. · Pandereteiros Traspés – domingo ás 18:30 h.
Este domingo día 7 de maio, a Asociación Cultural Interfolc recupera o tradicional Día da Muiñeira de Vigo, que terá lugar como xa era habitual, na rúa Venezuela ás 12 h.
Nesta edición participará a Escola de Baile Tradicional Traspés, que irá acompañada da Escola de Gaita e Percusión da asociación.
O sábado día 15 de abril, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés participará no Memorial X Aniversario de Henrique Otero que terá lugar no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 19:30 h.
A Asociación Cultural Traspés estará pechada por vacacións de Semana Santa desde o día 3 ao día 9 de abril, retomando a actividade o luns día 10.
Para contactar con nós nesa semana, podedes facelo no teléfono 886 116 033, no correo electrónico traspes@traspes.com, ou a través de calquera das nosas redes sociais (facebook, twitter, instagram).
O 21 de maio do presente ano, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar o XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
Coma sempre, realizarase en dúas sesións, a da mañá coas categorías A e B, e a da tarde coa categoría C.
Para a inscrición débese enviar debidamente cuberta a folla adxunta ao correo electrónico traspes@traspes.com, e o prazo para realizar a mesma remata o día 1 de maio.
Achegamos a continuación as bases e a folla de inscrición:
Este domingo día 19 de febreiro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés viaxa ao noso país veciño Portugal, concretamente ao municipio de Sernancelhe.
Actuará ás 15 h. no exposalón multiusos, dentro da programación do Festival de Sopas.