Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Vacacións de Nadal!
Desde o vindeiro xoves día 24 de decembro, ata o mércores 6 de xaneiro, a Asociación Cultural Traspés estará pechada, así como tamén estarán de descanso as súas aulas de escola (ámbolos días incluídos).
Para contactar con nós nestes días, podédelo facer a través das redes sociais, correo electrónico ou no teléfono 886 116 033.
Desexámosvos a todos unhas BOAS FESTAS e unha BOA ENTRADA DE ANO!!
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en LOTARÍA DE NADAL
Xa temos dispoñible a lotaría de Nadal… O número? o de tódolos anos:
10.536
Son participacións de 5 € e para conseguila podes pasar pola nosa asociación ou poñerte en contacto con calquera dos compoñentes do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.
LEMBRA… SEMPRE TOCA!
Comentarios desactivados en Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal
Antes de publicar os resultados do noso VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado onte día 18 de outubro de 2020, no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), queremos reiterar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.
Os patrocinadores desta edición tan especial foron: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.
Por outra banda, os colaboradores: Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Pelomanía by Ani, Bulideira e o artesán Sito Guimeráns.
E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a realizar este dificultoso traballo: Daniela Sampayo Gómez, Xandre Outeiro e José Codesido.
Neste VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: A Pedreira, da A.X. Xiradela (Arteixo) 2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo) 3º Premio: Laretas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) Accésit de vestiario: Estraloque, da A.V. Emilio Crespo de Navia (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: Abaladeiras de Muxía, da A.C. Abaladeiras (Muxía) 2º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo) 3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo) 2º Premio: Grupo A, da A.C. Retranqueiros (Ames) 3º Premio: Grupo A, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) Premio ao mellor vestiario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Moitísimas grazas aos 18 grupos pola súa participación e valentía, neste certame con estas condicións tan diferentes e xusto no comezo da volta ás aulas e aos ensaios… PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!!
Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
Este domingo día 18 de outubro, celebramos o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.
A cita terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade ás 17 h., e nela participarán tódalas categorías (A, B e C), que comprenden nenos e nenas ata os 11 anos, de 12 a 16 e de máis de 17.
Este evento non sería posible sen o patrocinio por parte da Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.
E tamén contamos coa colaboración de empresas coma Instalaciones del Noroeste S.A., Obradoiro de Costura Saiáns, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Bulideira, PelomaníabyAni, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane e o artesán Sito Guimeráns.
Esperámosvos a todos o domingo nesta edición especial pandemia!
Deixamos por aquí o enlace aos grupos participantes:
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Traspés no Domingo das Mozas
Este vindeiro domingo día 11 de outubro terá lugar na cidade de Lugo, pola celebración das Festas de San Froilán, a 22 Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas.
As Pandereteiras e os Pandereteiros Traspés estarán a partir das 20 h. na Praza da Horta do Seminario, nos concertos do remate do día, xunto co grupo Os Carunchos.
Achégate a Lugo… VEN TROULEAR CON NÓS!
Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés
O vindeiro día 18 de outubro, no Auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), terá lugar o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nesta edición celebrarase nunha única sesión pola tarde.
O prazo de inscrición remata o día 12 de outubro, e o único medio para facela é enviando a folla debidamente cumprimentada ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos xa que este ano só imos rexistrar 10 grupos por categoría.
Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición.
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Estamos de volta!
Comezamos co curso escolar 2020/2021, neste mes de setembro estará aberto o prazo de inscrición, e a partir do 1 de outubro retomaremos as aulas.
Voltamos con tódalas medidas de seguridade necesarias e tamén con aforos limitados de alumnos/as, polo que non demoredes moito na inscrición, non vaiades quedar sen praza!
Para facer a inscrición podedes escribirnos ao correo electrónico traspes@traspes.com, chamarnos ao teléfono 886 116 033 ou enviar unha mensaxe privada ao facebook (traspès), intagram (traspess) ou twitter (trasps1).
Os horarios de oficina para as inscricións presenciais serán: · Luns de 16 a 19 e de 21:30 a 23 h. · Mércores de 16 a 18 h. · Xoves de 16 a 19 h.
Podedes consultar os horarios e as medidas de seguridade nos seguintes documentos:
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Festa da Cultura de Vigo 2020
Os vindeiros días 11 e 12 de setembro, terá lugar na Praza de Compostela, unha nova edición da Festa da Cultura que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo en colaboración co Concello.
O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, fará a súa intervención neste evento o sábado día 12 ás 18:00 h.
Ven troulear con nós!
Comentarios desactivados en Festival Folclórico Internacional de Vigo