Archive for the ‘Sin categoría’ Category

Comentarios desactivados en Pandereteiros no San Blas

Pandereteiros no San Blas


2023
01.09

Despois dun par de anos de parón, volve a Festa do San Blas a Bembrive, e como non podía ser doutro xeito, Traspés estará presente coa súa música.

O sábado 14 de xaneiro ás 22 h. no furancho «Endulza tu vida», actuarán os Pandereteiros Traspés.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Bo Nadal e Feliz Ano Novo

Bo Nadal e Feliz Ano Novo


2022
12.24

Desde a Asociación Cultural Traspés, desexámosvos a todos/as un Bo Nadal e un Novo Ano cheo de música e baile!

Comentarios desactivados en Vacacións de NadaL

Vacacións de NadaL


2022
12.24

A Asociación Cultural Traspés estará de vacacións desde o día 24 de decembro ata o día 8 de xaneiro, retomando a súa actividade o día 9.

Para contactar con nós nestas dúas semanas podedes facelo a través das nosas redes sociais, no correo electrónico traspes@traspes.com, ou no teléfono 886116033.

Pasade unhas Boas Festas… Vémonos á volta!

Comentarios desactivados en Traspés en Teis

Traspés en Teis


2022
12.21

Mañá, día 22 de decembro, o Grupo de Gaita e Percusión da Escola da A.C. Traspés amenizará coa súa música as rúas de Teis ás 19:30 h.

O acto, enmarcado dentro da programación de Nadal do Concello de Vigo que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, terá lugar na Praza do Barrio das Flores.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Pandereteiros en Sanxenxo

Pandereteiros en Sanxenxo


2022
11.23

Este sábado os pandereteiros actúan por partida dobre, despois da Foliada de Pereiras estarán no Serán de Soalleira, en Dorrón (Sanxenxo).

A cita terá lugar a partir das 21 h. o día 26 de novembro.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Pandereteiros en Pereiras

Pandereteiros en Pereiras


2022
11.21

Este vindeiro sábado día 26 de novembro ás 19 h., os Pandereteiros Traspés andarán por Mos, na Foliada de Pereiras que se celebra no local social Os Castros.

Estarán acompañados polos gaiteiros Xiada, os gaiteiros do CRAC de Coruxo, as pandereteiras Ferriñas de O Fiadeiro, Lagharteiras e o grupo anfitrión Nosa Terra.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en TaramFoliada

TaramFoliada


2022
11.14

Este vindeiro venres 18 de novembro, as Pandereteiras Traspés andarán pola Asociación de Veciños de Maceiriña, en Cabral (Vigo), na foliada que organizan as nosas amigas de Tarambainas.

O evento dará comezo ás 20:30 h. e tamén actuarán grupos coma Xarabal, O Fiadeiro, Lagharteiras, Tarambainas…

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Traspés en Matamá

Traspés en Matamá


2022
10.21

Este domingo día 23 de outubro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés participará no XVIII Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Terá lugar ás 18 h. no auditorio da S.C.R. de Matamá (Vigo).

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Pandereteiras no Faísca

Pandereteiras no Faísca


2022
10.13

Este sábado día 15 de outubro, o grupo de Pandereteiras Traspés actuará no Local Social Faísca de O Calvario con motivo da Festa de inicio de curso.

Andaremos pola rúa Toledo ás 18 h., xusto despois do xantar popular.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en XII Serán Traspés

XII Serán Traspés


2022
09.16

O día 08 de outubro terá lugar o XII Serán que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.

Nesta edición cambiamos de ubicación, celebrarémolo no noso local social, situado na Avda. da Florida, nº32 (sótano).

Haberá comida e chocolatada para tódolos asistentes… Moita música e moito baile.

Vén troulear con nós!