Archive for the ‘TRASPES’ Category

Comentarios desactivados en Escola Traspés 2015/2016

Escola Traspés 2015/2016


2015
09.03

Xa temos todo preparado para comezar o novo curso 2015/2016 en Traspés!!!!

Se estás interesado/a nalgunha das nosas actividades, é moi doado!!!. Entra no apartado escola da nosa web e infórmate das actividades que che ofrecemos. Seguidamente, enche o formulario adxunto ao final deste » post » para preinscribirte, e envíanolo a traspes@traspes.com, informarémoste de como está o teu proceso de solicitude.

 

 

Para máis información, podes chamar ao teléfono 886 116 033, a través do noso correo electrónico traspes@traspes.com ou na nosa oficina, que estará aberta no seguinte horario:

 


Luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Venres de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas.

 

 

Non o penses máis e apúntate!!!!

 

 

PREINSCRIPCION ESCOLA TRASPES

PREINSCRIPCION ESCOLA TRASPES

 

 

Escola Traspés 2015/2016

Comentarios desactivados en Escola Traspés 2014 · 2015

Escola Traspés 2014 · 2015


2014
06.16

Xa temos aberta a inscrición para o novo curso que ven.

Se estás ou estades interesados nalgún aula, non dubidedes en anotarvos canto antes.

Para máis información estaremos na nosa oficina de luns a venres, de 17:30 a 20:30 no mes de xuño.

Non demoredes!!!

Escola Traspés 2014·2015

Folleto_Escola_2014_2015_cor

Comentarios desactivados en IV Serán Traspés 2014

IV Serán Traspés 2014


2014
05.27

Cartaz IV Serán Traspés

 

Dende a Asocición Cultural Traspés estamos a organizar o noso IV Serán Traspés.
 

O devandito evento celebrarase na alameda de Sárdoma (Vigo), e dará comezo ás 22.00 h., abrindo esta festa os nosos pandereteiros, pandereteiras e charanga.

 

Para poder participar, soamente vos tedes que anotar ao chegar á festa.
 

Queremos agradecer a Asocición de Veciño O Carballo de Sárdoma a súa gran colaboración un ano máis, e tamén as empresas colaboradoras.
 

Contamos convosco un ano máis para bailar e troulear ata que o corpo aghuante.
 

Un saudiño e non faltedes.

Comentarios desactivados en II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014


2014
04.21

II Concurso Canto Tradicional TraspesXa temos todo en marcha para a segunda edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional.

 

Como o ano pasado, a cita terá lugar no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo, o domingo 27 de abril de 2014.

O horario é o seguinte:

  • Xornada de mañá: ás 11.00 horas.
  • Xornada de tarde: ás 17.00 horas.

Entradas a 3€ en taquilla dende 1 hora antes de cada xornada. 5€ as dúas xornadas.

 

Este ano contaremos coa participación de 52 agrupacións de toda a nosa comunidade.

 

Dende a nosa asociación queremos agradecer o esforzo de toda a nosa agrupación polo traballo que están a levar. Do mesmo xeito, e grazas ao patrocinio, un ano máis, da Deputación de Pontevedra, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e de empresas privadas como Hermes Sistemas, Codisoil S.A., Laboratorio de Seguridad Telemática e De Cotío, e xunto coa colaboración da Fundación La Caixa, Novagaliciabanco, Téqueletequele, Patri Costureira Tradicional, Mercería Crespo e aos artesáns Apedraguas (Benito Quirós), Bombos Félix, Carlos do Viso, Foliqueiras, Miguel Rivas Instrumentos Tradicionais, O Reberete, Os Alegres, Sanín Percusión Tradicional e Silva Percusión.

 

Grazas tamén a todos vós, que apostades por este acto ou calqueira outro que sirvan como plataforma para a divulgación e promoción do noso patrimonio inmaterial e en particular da nosa Música Tradicional.

 

No seguinte enlace atoparedes os grupos participantes:

Grupos Participantes II Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés

 

 

Comentarios desactivados en A Charanga de Traspés na SalaSon en Cangas

A Charanga de Traspés na SalaSon en Cangas


2014
01.21

Queredes rematar a semana movendo o corpo á ritmo de jotas e muiñeiras? pois vinde a bailar ca nosa charanga este domingo 26 de xaneiro á Salason en Cangas a partir das 20.30.

Esperámosvos!!!!



CHARANGA TRASPÉS SALASON

Traspés no Festival Interceltique de Lorient


2013
04.26

Cartel Lorient

Ola amigos, é para nós un pracer e un honor informarvos da nosa participación representando a Galicia na 43ª edición do Festival Intercéltique de Lorient.

 

Tendo en conta que somos un grupo que aínda non chegamos aos catro anos de vida, comprácenos saber que festivais tan importantes coma este nos teñen en conta para representar á cultura galega fora das nosas fronteiras.

 

Este ano o festival estará adicado a nosa comunidade veciña, Asturias, e contará con grandes artistas de nome internacional.

 

Estaremos na Bretaña francesa dende o día 2 ata o 11 de agosto interpretando os bailes e as músicas da nosa querida terra, Galicia.

 

Podedes ver toda a programación do festival na súa páxina web www.festival-interceltique.com

 

Moitas grazas a todos por confiar neste proxecto chamado Traspés, sobre todo á organización do festival.

 

¿¿¿Reconquistamos Xuntos???


2013
04.04

cartel-oficial-reconquista-de-vigo-2013Boas amigos.

 

Como todos os anos, Traspés participará na celebración da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

 

O noso posto estará situado na rúa Joaquín Yáñez (na Praciña que hai nesa rúa, xusto detrás da Praza da Princesa, ao pasar o pequeno túnel, onde o ano pasado). Teremos pratos e licores tradicionais do máis caseiros (empanada de pan de millo e zamburiñas, empanada de grelos, tarta de queixo…).

 

Este ano, ademais da festa que faremos ao longo de toda a fin de semana, a nosa charanga amenizará a festa por todo o Casco Vello.

 

Agardando que o tempo axude, e con moitas ganas de pasalo bem, contamos con vós para axudar a que ano a ano, esta festa sexa un gran símbolo da nosa cidade.

 

Así que collede os vosos traxes tradicionais, instrumentos e sobre todo as ganas de pasalo bem e en boa compañía.

 

¿Reconquistamos xuntos?

 

Reconquista 2012 1

A nosa charanga no «Venrespirar 2013»


2013
01.30

Este venres, día 1 de febreiro, comeza unha nova edición do ciclo de música e danza tradicional VenRespirar, unha iniciativa organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía que ten por obxectivo achegar a nosa música e a nosa danza a todas as persoas interesadas. Fano dun xeito lúdico, ameno e participativo, posto que a danza conta cun ou máis guías que van marcando os pasos coa amenización de grupos de música tradicional.

A nosa charanga, será un deses grupos que amenizará o vindeiro día 1 de Marzo, na praza de San Marcial, na Cervexaría Grándola (Ourense) ás 22.30 horas.

Dende Traspés queremos animarvos a participar e a disfrutar desta gran iniciativa.

Non faltedes!!!!

Foliada na Taberna Rianxeira


2013
01.09

Despois de todas as festas de nadal, que mellor forma de comezar o ano que indo de foliada.

O venres día 18 de xaneiro, as nosas pandereteiras e a nosa charanga, actuarán na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo).

Un bo plan… tomar unhas tapiñas, uns viños, e todos a troulear!!!!!.

A actuación dará comezo, aproximadamente, as 22.30 horas.

¿Tes ganas de bailar????

 

DE SERÁN EN ROMARÍA


2012
11.12

O domingo 25 de novembro a Asociación Cultural TRASPÉS escenificará o seu espectáculo «DE SERÁN EN ROMARÍA» ás 21 h. no Auditorio Mar de Vigo (Vigo).

Esta nova edición do noso espectáculo será gravada para facer un posterior DVD, polo que queremos contar con todos vós para que nos axudedes e nos dedes folgos neste proxecto.

As entradas (con un custo de 3 euros máis impostos) poderán mercarse a través de servinova, no enlace http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/varios/1630-i-espectaculo-de-baile-e-musica-tradicional-traspes.html

Esperámosvos a todos no Mar de Vigo o día 25 para contar coma sempre co voso apoio a esta agrupación.

Moitas gracias a todos de antemán¡¡!!