Archive for the ‘TRASPES’ Category

Traspés novamente medalla de ouro nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo


2012
10.31

Ola amigos!!!
Como ben sabedes este pasado sábado, día 27 de outubro, celebráronse no Auditorio/Palacio de Congresos Mar de Vigo as XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas organizadas pola Asociación Interfolk coa colaboración do Concello de Vigo.
As agrupacións participantes foron a Asociación Cultural Andarela (Vigo), Asociación Cultural Seixebra (Moraña), Asociación Folclórica Colexiata do Sar (Santiago de Compostela) e Asociación Cultural Traspès (Vigo); quedando a clasificación da seguinte maneira:

 

 1º Premio: Asociación Cultural Traspès
2º Premio: Asociación Folclórica Colexiata do Sar
3º Premio: Asociación Cultural Seixebra
4º Premio: Asociación Cultural Andarela

 

Premio ao mellor grupo de acompañamento: Asociación Cultural Traspès
Premio ao mellor vestiario: Asociación Cultural Traspès
Premio á mellor coreografía arranxada: Asociación Folclórica Colexiata do Sar

 

Noraboa a tódolos grupos participantes!!

language translator

Traspés xa ten lotería de Nadal !!!


2012
10.03



Este ano, a nosa asociación ten participacións do sortedo da lotería de nadal, o número que escollemos e o 10536, non sabemos se vai tocar ou non, o que si sabemos, e que se queres ser un dos posibles agraciados no sorteo, so tes que pedirlla a algún dos compoñentes da nosa agrupación.

Por tan so cinco  euros, xogando catro e donando un a nosa asociación.

Non quedes sen ela!!!!!!

Comentarios desactivados en Traspés no I Festival de Folcore Mar de Vigo

Traspés no I Festival de Folcore Mar de Vigo


2012
09.23

O sábado día 29 de setembro, toda a nosa agrupación participará no I Festival de Folclore Mar de Vigo, compartindo cartel con agrupacións da nosa cidade: Lembranzas Galegas, Corisco e Andarela.

A entrada e gratuita mediante invitación. Poderedes solicitala aos grupos participantes, ou recollelas na Alcaldía do Concello de Vigo, de 10.00 a 20.00 h.

Agardamos que disfrutedes do festival, e contamos con todos vos.

Comentarios desactivados en Romaría de San Roque 2012

Romaría de San Roque 2012


2012
08.13

Este venres, día 17 de agosto, a nosa agrupación ao completo actuará na Romaría de San Roque, no pazo de San Roque en Vigo.

A actuación dará comezo as 18.00 horas, e terá unha duracíon de 90 minutos, nos que as diferentes seccións da nosa agrupación mostrarán os seus cantos, bailes e pezas musicais tradicionais para que desfrutedes con nos.

¡Non podedes faltar!

Comentarios desactivados en Festa Popular Froles Mareliñas

Festa Popular Froles Mareliñas


2011
09.17

Hoxe 17 de setembro, a nosa charanga participará na Festa Popular Froles Mareliñas, ás 22.00h. na alameda de Chapela.

Durante todo o día haberá, ademaís de competicions deportivas, actuacións de diferentes grupos de gaitas, baile e pandereteiras, xogos populares e un mercadillo de cousas usadas.

Para comer, entre outras cousas, sardiñas asadas, chourizos, bocadillos de xamón asado,hamburguesas, perritos quentes e unha variedad de empanadas e postres caseiros, elaborados por socios e veciños, todo con prezos populares.

No caso de que quedará tempo libre no escenario, permitirase a actuación de otros grupos de gaitas o pandeiretas.

Vémonos en Chapela.

Comentarios desactivados en I Serán da Asociación Cultural Traspés

I Serán da Asociación Cultural Traspés


2011
06.01

O vindeiro sábado 4 de xuño celebraremos o noso I serán, será a partires das 22.00 h. na Alameda de Sárdoma (Vigo). Dará comezo coa intervención dos nosos grupos de pandereteiras, pandereteiros e charanga.

Para participar só vos tedes que anotar nada máis chegar, e para recuperar forzas haberá comida e chocolatada.

Para chegar é moi doado, buscades a igrexa de Sárdoma, e a alameda está o ladiño, na carretera de Miraflores.

Anímate e ven troulear con nós!!!!!


Ver mapa más grande

Comentarios desactivados en I Serán da Asociación Cultural Traspés

I Serán da Asociación Cultural Traspés


2011
05.25

Xa queda menos para o noso I Serán, que terá lugar o día 4 de xuño na alameda de Sárdoma (Vigo), ó lado da igrexa.

Dará comezo as 22.00h. coa intervención dos nosos grupos de pandereteiras, pandereteiros e charanga.

Para participar só vos tedes que anotar nada máis chegar.

Agardamos que veñades para facer unha boa troula con chocolatada incluida
¡Animádevos!


“De Serán En Romaría”


2011
05.11

Finalmente, tras dous meses de duro traballo e ensaios, o grupo de música e baile tradicional TRASPÉS estreou o seu 1º espectáculo “De Serán en Romaría”. Dende aquí queremos agradecer a todos os que nos apoiaron, especialmente á Deputación de Pontevedra por depositar cegamente a súa confianza en nós e arriscarse neste proxecto. Tamén queremos destacar a acollida do público que foi simplemente espectacular.

Gracias polo voso apoio e confianza e motivarnos a seguir facendo o que máis nos gusta enriba dun escenario.

Nunca nos cansaremos de dicilo: GRACIAS






Comentarios desactivados en XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira)

XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira)


2011
05.02

O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés acadou o 2º premio de baile e o premio ó mellor acompañamento no XI Concurso de baile tradicional Azaloira celebrado onte no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

Esta é a lista de premiados:

Categoría de baile

1º premio: «A Ponte Vella» (Reis-Teo)

2º premio: «Traspés» (Vigo)

3º premio: «Trébede» (marín)

Premio ó mellor acompañamento:

«Traspés» (Vigo)

Premio ó mellor vestiario:

«Os Xeitosos» (Trazo)

Noraboa a tódolos participantes.

XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira)


2011
04.29

O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés partipará no XI Concurso de baile tradicional Azaloira organizado pola Asociación de baile «Fortín da Pomba» que terá lugar o vindeiro domingo 1 de maio en Bandeira, no auditorio Manuel Dopazo ás 18.00h.

Esta é a lista dos grupos participantes:

Centro Cultural «A ponte Vella» de Reis-Teo

Grupo «Trébede» de Marín

A. C. «Traspés» de Vigo

A. C. «Os Xeitosos» de Trazo

A. F. «Colexiata do Sar» de Santiago