Por mor da chuvia, a inauguración da nova rotonda da rúa Venezuela en homenaxe ó Bicentenario da Cidade de Vigo trasládase para o sábado 6 de novembro pola tarde. Manterémosvos informados. Haitian Creole to English .
Archive for octubre, 2010
Celebración Bicentenario da Cidade de Vigo
10.29
Dobre actuación de Traspés na cidade de Vigo
10.27
Este vindeiro sábado 30 de outubro, O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés co motivo dos actos de celebración en homenaxe ó Bicentenario da Cidade de Vigo estará presente na inauguración da nova rotonda da rúa Venezuela (subida ó Castro) ás 11.45 h.
E ás 19.00 h participará nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que terán lugar no Teatro Caixanova de Vigo. As invitacións, dúas por persoa, estarán dispoñibles na porta principal do teatro hora e media antes do comezo das Xornadas.
Cartel XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas 2010
10.18
XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas
10.07
O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés está a preparar a súa participación na XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo que terá lugar o vindeiro sábado 30 de outubro no Teatro Caixanova ás 19.00 horas.
Esta é a lista dos grupos participantes:
Froles Novas (Lavadores · Vigo)
Colexiata do Sar (Santiago de Compostela)
A Carballeira (Cercio-Lalín)
Xirandola (Bandeira)
A.C. Traspés (Vigo)
A Buxaina (Coruxo · Vigo)