Archive for octubre 27th, 2010

Comentarios desactivados en Dobre actuación de Traspés na cidade de Vigo

Dobre actuación de Traspés na cidade de Vigo


2010
10.27

Este vindeiro sábado 30 de outubro, O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés co motivo dos actos de  celebración en homenaxe ó Bicentenario da Cidade de Vigo estará presente na inauguración da nova rotonda da rúa Venezuela (subida ó Castro) ás 11.45 h.

E ás 19.00 h participará nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que terán lugar no Teatro Caixanova de Vigo. As invitacións, dúas por persoa, estarán dispoñibles na porta principal do teatro hora e media antes do comezo das Xornadas.