Archive for noviembre, 2010

Comentarios desactivados en Festival Solidario pro Nenos do Sáhara

Festival Solidario pro Nenos do Sáhara


2010
11.07

Este sábado 13 de Novembro, os nosos pandereteiros participarán no Festival Solidario pro nenos do Sáhara, no auditorio de Vilagarcía de Arousa.

O festival dará comezo as 20.00h, e contará coa participación dos seguintes grupos:
• Nos de Sobradelo
• Pandereteiras Urdime
• Pandereteiros Traspés
• Mar de Arousa
• Asociación Muiños do Vento
• Pandereteiras de Catoira

As persoas asistentes entrarán no sorteo de un GPS, un TDT e un reloxio para home. O donativo será de 3 €.
Agardamos vervos por alí.

Comentarios desactivados en Actos do Bicentenario da Cidade de Vigo

Actos do Bicentenario da Cidade de Vigo


2010
11.05

Finalmente, O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés co motivo dos actos de celebración en homenaxe ó Bicentenario da Cidade de Vigo estará presente no Festival Folclórico na Praza do Bicentenario (nova rotonda da rúa Venezuela, subida ó Castro) este sábado 6 de novembro ás 17.45 h.


A celebración comezará as 17 horas coa participación de agrupacións da cidade e arredores como Tangaraño, Froles Novas, Os ventos de Comesaña, Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional, Semente da arte galega, Corisco, Atlántida de Matamá, O Fiadeiro, Andarela, Lembranzas Galegas, A Buxaina e Traspés.

English to Danish

Comentarios desactivados en Traspés medalla de ouro nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais do Concello de Vigo

Traspés medalla de ouro nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais do Concello de Vigo


2010
11.01

Despois de moito traballo e esforzo, o grupo artístico da nosa asociación acadou a medalla de ouro nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que tiveron lugar no Teatro Caixanova de Vigo o pasado sábado 30 de outubro.
Tras unha longa deliberación, o xurado acordou o seguinte resultado:

Categoría de baile
1º premio:  Traspés (Vigo)
2º premio: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela)
3º premio: Xirandola (Bandeira)
4º premio: Flores Novas (Lavadores-Vigo) e A Buxaina (Coruxo-Vigo)
5º premio: A Carballeira (Cercio-Lalín)

Premio ó mellor acompañamento: A Buxaina (Coruxo-Vigo)
Premio ó mellor vestiario: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela)
Premio á mellor coreografía arranxada: Flores Novas (Lavadores-Vigo)

Noraboa a tódolos participantes.

Momento da nosa segunda intervención nas Xornadas

aaanetaccess