Archive for abril, 2011

XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira)


2011
04.29

O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés partipará no XI Concurso de baile tradicional Azaloira organizado pola Asociación de baile «Fortín da Pomba» que terá lugar o vindeiro domingo 1 de maio en Bandeira, no auditorio Manuel Dopazo ás 18.00h.

Esta é a lista dos grupos participantes:

Centro Cultural «A ponte Vella» de Reis-Teo

Grupo «Trébede» de Marín

A. C. «Traspés» de Vigo

A. C. «Os Xeitosos» de Trazo

A. F. «Colexiata do Sar» de Santiago

As pandereteiras no LUAR


2011
04.27

As pandereteiras da A.C. Traspés actuarán no programa da televisión de Galicia LUAR o vindeiro venres 29 de abril a partir das 21.58 h.

I Espectáculo «De Serán En Romaría»


2011
04.14

… considerando o folclore como a liberdade de sentir e expresarse a través do baile e da música tradicional…

O grupo de música e baile tradicional TRASPÉS presenta “De Serán en Romaría”

Neste espectáculo de música e baile tradicional, disfrutaremos dos bailes e músicas da nosa terra da man de Manolo de Toutón, a través das súas memorias, percorreremos gran parte da xeografía galega.

Agardámosvos o sábado 7 de maio ás 21.00 h. no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo).