Un ano máis o grupo de baile Traspés actuará como grupo invitado especial no XL Día da Muiñeira de Pontevedra que organiza o Grupo Duos Pontes. Será este venres 3 de xuño a partir das 20.00 h. na Alameda.
http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xl-d%C3%ADa-da-mui%C3%B1eira-pontevedra-3613.html
Archive for mayo, 2011
XL Día da Muiñeira en Pontevedra
05.31
I Serán da Asociación Cultural Traspés
05.25
Xa queda menos para o noso I Serán, que terá lugar o día 4 de xuño na alameda de Sárdoma (Vigo), ó lado da igrexa.
Dará comezo as 22.00h. coa intervención dos nosos grupos de pandereteiras, pandereteiros e charanga.
Para participar só vos tedes que anotar nada máis chegar.
Agardamos que veñades para facer unha boa troula con chocolatada incluida
¡Animádevos!
Seguimos traballando
05.16
Despois do éxito da estrea do noso primeiro espectáculo, seguimos traballando en prol do folclore galego.
Onte estivemos na festa do San Isidro en Cabral (Vigo); mañán, sen saír da nosa cidade, celebraremos o Día das Letras Galegas no festival foclórico de San Miguel de Oia, a partires das 19.00h no seu centro cultural e social, e o mércores polo mesmo motivo, no Conservatorio Superior de Música a partires das 18.30h.
Vémonos por alí!
“De Serán En Romaría”
05.11
Finalmente, tras dous meses de duro traballo e ensaios, o grupo de música e baile tradicional TRASPÉS estreou o seu 1º espectáculo “De Serán en Romaría”. Dende aquí queremos agradecer a todos os que nos apoiaron, especialmente á Deputación de Pontevedra por depositar cegamente a súa confianza en nós e arriscarse neste proxecto. Tamén queremos destacar a acollida do público que foi simplemente espectacular.
Gracias polo voso apoio e confianza e motivarnos a seguir facendo o que máis nos gusta enriba dun escenario.
Nunca nos cansaremos de dicilo: GRACIAS
Estrea 1º espectáculo “De Serán En Romaría”
05.03
Este sábado 7 de maio o grupo de música e baile tradicional TRASPÉS estrea o seu 1º espectáculo “De Serán en Romaría”. Terá lugar ás 21.00 h. no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo).
Aquí tedes as indicacións para chegar:
Por estrada: se desexamos chegar a Beade por estrada, deberemos coller algún destes camiños: estrada do CUVI, PO-330 Vigo-Vincios, avenida Ramiro Pascual ou estrada Coutada.
En autobús: actualmente Beade conta con dúas liñas de autobús: a liña C-6 e a liña 8
Ctra. Coutada Nº 42
Beade – Vigo
Pontevedra
36312
España
XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira)
05.02
O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés acadou o 2º premio de baile e o premio ó mellor acompañamento no XI Concurso de baile tradicional Azaloira celebrado onte no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.
Esta é a lista de premiados:
Categoría de baile
1º premio: «A Ponte Vella» (Reis-Teo)
2º premio: «Traspés» (Vigo)
3º premio: «Trébede» (marín)
Premio ó mellor acompañamento:
«Traspés» (Vigo)
Premio ó mellor vestiario:
«Os Xeitosos» (Trazo)
Noraboa a tódolos participantes.