Hoxe 17 de setembro, a nosa charanga participará na Festa Popular Froles Mareliñas, ás 22.00h. na alameda de Chapela.
Durante todo o día haberá, ademaís de competicions deportivas, actuacións de diferentes grupos de gaitas, baile e pandereteiras, xogos populares e un mercadillo de cousas usadas.
Para comer, entre outras cousas, sardiñas asadas, chourizos, bocadillos de xamón asado,hamburguesas, perritos quentes e unha variedad de empanadas e postres caseiros, elaborados por socios e veciños, todo con prezos populares.
No caso de que quedará tempo libre no escenario, permitirase a actuación de otros grupos de gaitas o pandeiretas.
Vémonos en Chapela.
Archive for septiembre, 2011
Festa Popular Froles Mareliñas
09.17
Queres formar parte da nosa agrupación?
09.13
Despois dunhas pequenas vacacións, voltamos con máis ganas e enerxía positiva que nunca, e sobre todo moita ilusión.
Novos proxectos e novos retos dos que vos iremos informando.
Polo momento querémosvos convidar a formar parte do noso grupo de baile, polo que xa está en funcionamento un turno de acceso os luns de oito a nove na A.VV. de Sárdoma, dirixido por Francisco Sieira (director do grupo de baile de Traspés).
Se tamén queres formar parte do noso grupo de pandereteiros, pandereteiras ou charanga pídenos información.
Poñédevos en contacto con nós no número de teléfono 617 088 075, ou a través do noso correo eletrónico traspes@traspes.com
Se tes ganas de divertirte e disfrutar do noso folclore, non o dubides e chama.
Contamos contigo!