Archive for noviembre, 2011

Video XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas de Vigo


2011
11.29

Aquí tedes a Ronda en Baíste, primeira peza interpretada polo grupo de baile e música de Traspés nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

Noraboa Traspesian@s!!!!


2011
11.28

A asociación Cultural Traspés quere felicitar ó grupo artístico da asociación por acadar a medalla de ouro nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que tiveron lugar no auditorio do C.C Valladares de Vigo o pasado domingo 27 de novembro.
Tamén quere mencionar o bo ambiente que se respiraba entre os grupos participantes.

O xurado acordou o seguinte resultado:

Categoría de baile

1º premio: Traspés (Vigo)

2º premio: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela)

3º premio: Trébede de Marín

4º premio: Xirandola de Bandeira

5º premio: Andarela de Vigo

6º premio: Os Xeitosos de Trazo

7º premio: A Buxaina de Coruxo (Vigo)

Premio ó mellor acompañamento: Traspés de Vigo

Premio ó mellor vestiario: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela)

Premio á mellor coreografía arranxada: Andarela de Vigo

Noraboa a tódolos participantes e aos grupos premiados.

XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas


2011
11.24

O vindeiro domingo 27 de novembro, o grupo de música e baile da A.C. Traspés partiparán nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que terán lugar en Vigo, no Centro Cultural de Valladares ás 19.00 h.

A lista de participantes é a seguinte:

Andarela de Vigo

Trébede de Marín

A Buxaina de Coruxo, Vigo

Os Xeitosos de Trazo, A Coruña

Xirandola de Bandeira

Colexiata do Sar de Santiago

Moita sorte para todos!!

TRASPÉS no LUAR da TVG


2011
11.23

Aquí tedes o enlace da actuación do grupo de baile de Traspés no programa LUAR da televisión galega do 11 de novembro.

Comentarios desactivados en Axenda novembro 2011

Axenda novembro 2011


2011
11.07

O vindeiro viernes día 11 de novembro, o noso grupo de baile xunto coa nosa charanga Traspés, participarán no programa Luar da televisíon de Galicia.

O sábado día 26 de novembro na A.VV. de Cabral, co motivo dos seus eventos dentro do programa do outono cultural 2011.

O domingo 27 de novembro participaremos nas XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo, no auditorio da A.VV. de Valadares.

Manterémosvos informados da hora de comezo e demais datos de interese.

Non podedes faltar.