Archive for marzo, 2012

Comentarios desactivados en Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2012

Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2012


2012
03.28

Está fin de semana, 31 de marzo e 1 de abril, a Asociación Cultural Traspés terá un posto na Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

Estaremos na rúa Joaquín Yáñez (na praziña que hai nesa rúa), detrás da Praza da Princesa.

Se queredes boa comida, bos postres, licores e unha mellor compañía para bailar, cantar e facer festa, xa sabedes por onde tedes que parar.

Aquí tedes o enlace do programa da festa:
www.vigocultura.org/es/content/programa-da-reconquista-da-vila-de-vigo-2012

Animádevos a vir!!!!

Comentarios desactivados en Traspés no Luar da Televisión de Galicia

Traspés no Luar da Televisión de Galicia


2012
03.22



Mañá venres, día 23 de marzo, Traspés participará no programa Luar, emitido pola televisión de Galicia ás 21.30 h.

Agardamos que disfrutedes tanto coma nos do baile que interpretaremos.

¡¡¡¡Non volo perdades!!!!!

JOTA E MOLIÑEIRA DE SON (Navia de Suarna- Lugo).

Cando falamos dun dos poucos lugares onde o baile solto se desenvolve xeralmente en roda con puntos curtos e vistosos… lugar tamén onde os bailadores poden acompañar os pasos ao son das castañolas… e case sempre ao ritmo dun gaiteiro solista acompañado por redobrante… sen dúbida, estamos a falar, seguro, dalgunha aldea da comarca dos Ancares.

O grupo artístico Traspés queremos amosarvos como serían unha Jota e unha Moliñeira recollidas na aldea de Son, pertencente ao concello Ancarés de Navia de Suarna na provincia de Lugo; un día de festa cunha charanga contratada.

Comentarios desactivados en ¡¡¡Xa temos data do noso serán!!!

¡¡¡Xa temos data do noso serán!!!


2012
03.07

Co bo resultado que tivemos o ano pasado, este ano repetimos.

Estamos a traballar para que disfrutemos todos dunha tarde/noite chea de festa e boa compañía. Será o sábado 2 de Xuño na alameda de Sárdoma.

Manterémosvos informados.

¡¡¡Vémonos!!!!