Se non poideches ver o noso I Espectáculo De Serán en Romaría, tes unha nova opurtunidade de non perdelo…
Co motivo do 25 aniversario do Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, faremos o noso espectáculo o domingo día 19, no pavillón polideportivo de Coroso (Riveira).
O espectáculo dará comezo as 22.00 horas, no que amosaremos os bailes, cantares e músicas da nosa comunidade dun xeito diferente…
Tamén vos queremos convidar a que asistades o sábado 18, a Gala 25 aniversario dos nosos anfitrións, Tahúme, que fará un acto conmemorativo no que participarán antigos integrantes da agrupación. Presentado por Quico Cadaval e contanto coa colaboración da Asociación Xuvenil Rebuldaina.
Unha fin de semana completa para os amantes do noso folclore.
Archive for agosto, 2012
Xornadas 25 aniversario Tahúme
08.13
Romaría de San Roque 2012
08.13
Este venres, día 17 de agosto, a nosa agrupación ao completo actuará na Romaría de San Roque, no pazo de San Roque en Vigo.
A actuación dará comezo as 18.00 horas, e terá unha duracíon de 90 minutos, nos que as diferentes seccións da nosa agrupación mostrarán os seus cantos, bailes e pezas musicais tradicionais para que desfrutedes con nos.
¡Non podedes faltar!