Archive for octubre 3rd, 2012

XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas


2012
10.03

Este domingo día 7 de outubro, ás 19,00 horas, comezan as xa tradicionais XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, organizadas pola Asociación Cultural Interfolc en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas; o acto de presentación terá lugar no auditorio do CVC de Valadares e actuarán os grupos folclóricos «Tarabelo» da Escola Municipal de Danza, «Lembranzas Galegas» e «Corisco», ademais do coro tradicional «Cantares de Brión». A entrada será libre ata esgotar aforamento.

O sábado 27 de outubro, ás 19,00 horas, terá lugar no auditorio «Mar de Vigo» a final das xornadas, coa participación dos grupos «Andarela» (Vigo), «Colexiata do Sar» (Santiago), «Seixebra» (Moraña) e «Traspés» (Vigo); tamén actuará como invitado o coro tradicional «Cantares de Brión». A entrada será libre ata esgotar aforamento.

Os tres primeiros premios están dotados con 2.000 €, 1.000 € e 500 €, respectivamente.

Agardamos que as disfrutedes e que non faltedes para animar as vosas agrupacións.

Traspés no Luar da TVG


2012
10.03

Este venres día 5 de outubro, o noso grupo de baile actuará no programa Luar da Televisión de Galicia.

A hora prevista para a actuación é a partir das 22.00h. máis ou menos.

Non o podedes perder!!!

Traspés xa ten lotería de Nadal !!!


2012
10.03



Este ano, a nosa asociación ten participacións do sortedo da lotería de nadal, o número que escollemos e o 10536, non sabemos se vai tocar ou non, o que si sabemos, e que se queres ser un dos posibles agraciados no sorteo, so tes que pedirlla a algún dos compoñentes da nosa agrupación.

Por tan so cinco  euros, xogando catro e donando un a nosa asociación.

Non quedes sen ela!!!!!!