Archive for octubre 31st, 2012

Traspés novamente medalla de ouro nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo


2012
10.31

Ola amigos!!!
Como ben sabedes este pasado sábado, día 27 de outubro, celebráronse no Auditorio/Palacio de Congresos Mar de Vigo as XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas organizadas pola Asociación Interfolk coa colaboración do Concello de Vigo.
As agrupacións participantes foron a Asociación Cultural Andarela (Vigo), Asociación Cultural Seixebra (Moraña), Asociación Folclórica Colexiata do Sar (Santiago de Compostela) e Asociación Cultural Traspès (Vigo); quedando a clasificación da seguinte maneira:

 

 1º Premio: Asociación Cultural Traspès
2º Premio: Asociación Folclórica Colexiata do Sar
3º Premio: Asociación Cultural Seixebra
4º Premio: Asociación Cultural Andarela

 

Premio ao mellor grupo de acompañamento: Asociación Cultural Traspès
Premio ao mellor vestiario: Asociación Cultural Traspès
Premio á mellor coreografía arranxada: Asociación Folclórica Colexiata do Sar

 

Noraboa a tódolos grupos participantes!!

language translator