Archive for noviembre, 2012

Traspés presentando o seu espetáculo no programa Luar da TVG


2012
11.18


Este venres 23 de novembro, a nosa agrupación participará no programa Luar, da Televisión de Galicia, presentado o noso espetáculo do día 25 no Auditorio Mar de Vigo «De Serán en Romaría».

Non o perdades!!!…

DE SERÁN EN ROMARÍA


2012
11.12

O domingo 25 de novembro a Asociación Cultural TRASPÉS escenificará o seu espectáculo «DE SERÁN EN ROMARÍA» ás 21 h. no Auditorio Mar de Vigo (Vigo).

Esta nova edición do noso espectáculo será gravada para facer un posterior DVD, polo que queremos contar con todos vós para que nos axudedes e nos dedes folgos neste proxecto.

As entradas (con un custo de 3 euros máis impostos) poderán mercarse a través de servinova, no enlace http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/varios/1630-i-espectaculo-de-baile-e-musica-tradicional-traspes.html

Esperámosvos a todos no Mar de Vigo o día 25 para contar coma sempre co voso apoio a esta agrupación.

Moitas gracias a todos de antemán¡¡!!

 

Mateada Cultural 2012


2012
11.06

O sábado 10 de novembro de 17,00 a 20,00 h., no Verbum-Casa dás Palabras de Samil, a Casa de Arxentina en Vigo organiza a Mateada Cultural 2012. Haberá actuacións artísticas, sorteos e regalos, e poderá compartirse con amigos e amigas doutras nacionalidades a amizade e camaradaría que rodea a tradición do Mate.

Traspés formará parte destas actuacións, amosando un anaco do noso patrimonio cultural galego.