Archive for enero, 2013

A nosa charanga no «Venrespirar 2013»


2013
01.30

Este venres, día 1 de febreiro, comeza unha nova edición do ciclo de música e danza tradicional VenRespirar, unha iniciativa organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía que ten por obxectivo achegar a nosa música e a nosa danza a todas as persoas interesadas. Fano dun xeito lúdico, ameno e participativo, posto que a danza conta cun ou máis guías que van marcando os pasos coa amenización de grupos de música tradicional.

A nosa charanga, será un deses grupos que amenizará o vindeiro día 1 de Marzo, na praza de San Marcial, na Cervexaría Grándola (Ourense) ás 22.30 horas.

Dende Traspés queremos animarvos a participar e a disfrutar desta gran iniciativa.

Non faltedes!!!!

Foliada na Taberna Rianxeira


2013
01.09

Despois de todas as festas de nadal, que mellor forma de comezar o ano que indo de foliada.

O venres día 18 de xaneiro, as nosas pandereteiras e a nosa charanga, actuarán na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo).

Un bo plan… tomar unhas tapiñas, uns viños, e todos a troulear!!!!!.

A actuación dará comezo, aproximadamente, as 22.30 horas.

¿Tes ganas de bailar????