Archive for enero 30th, 2013

A nosa charanga no «Venrespirar 2013»


2013
01.30

Este venres, día 1 de febreiro, comeza unha nova edición do ciclo de música e danza tradicional VenRespirar, unha iniciativa organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía que ten por obxectivo achegar a nosa música e a nosa danza a todas as persoas interesadas. Fano dun xeito lúdico, ameno e participativo, posto que a danza conta cun ou máis guías que van marcando os pasos coa amenización de grupos de música tradicional.

A nosa charanga, será un deses grupos que amenizará o vindeiro día 1 de Marzo, na praza de San Marcial, na Cervexaría Grándola (Ourense) ás 22.30 horas.

Dende Traspés queremos animarvos a participar e a disfrutar desta gran iniciativa.

Non faltedes!!!!