Archive for abril, 2013

I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

2013
04.26

I Concurso Traspes

A Asociación Cultural Traspés ten o pracer de convidar a tódalas Asociacións Xuvenís, Culturais, Artísticas, Recreativas, Folclóricas, Veciñais , ANPAS, etc. a participar no I CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS que terá lugar o 12 de maio no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo.

A necesidade de dar auxe a este tipo de eventos que promoven a cultura galega e que serven de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións adicadas á recuperación e conservación do noso folclore, figuraba ata agora non cuberta na zona sur de Galicia. Asimesmo, a gran afluencia de colectivos que move este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este vacío cultural. Deste xeito, e coa intención de dar a coñecer o talento artístico galego e fomentar as relacións sociais entre os colectivos participantes, nace este interesante proxecto.

O éxito depende da vosa participación, polo que tedes de prazo ata o vindeiro 30 de abril (remate periodo de inscrición).

Consultade as bases e achegádenos a folla de inscrición debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: traspes@traspes.com.

Para calquera consulta ou aclaración non dubidedes en porvos en contacto con nós.

Sen outro particular, quedamos emprazados para o vindeiro 12 de maio en Vigo.

Bases I Concurso Traspes

FOLLA INSCRIPCION

Patrocinadores Concurso Traspés

Traspés no Festival Interceltique de Lorient

2013
04.26

Cartel Lorient

Ola amigos, é para nós un pracer e un honor informarvos da nosa participación representando a Galicia na 43ª edición do Festival Intercéltique de Lorient.

Tendo en conta que somos un grupo que aínda non chegamos aos catro anos de vida, comprácenos saber que festivais tan importantes coma este nos teñen en conta para representar á cultura galega fora das nosas fronteiras.

Este ano o festival estará adicado a nosa comunidade veciña, Asturias, e contará con grandes artistas de nome internacional.

Estaremos na Bretaña francesa dende o día 2 ata o 11 de agosto interpretando os bailes e as músicas da nosa querida terra, Galicia.

Podedes ver toda a programación do festival na súa páxina web www.festival-interceltique.com

Moitas grazas a todos por confiar neste proxecto chamado Traspés, sobre todo á organización do festival.

Día Internacional da Danza 2013

2013
04.26

Dia Internacional da Danza

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, entidade referente na cidade en temas culturais, e especialmente no folclore, celebra o Día Mundial da Danza, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, realizando un total de 15 actuacións de danza tradicional galega en 5 espazos públicos abertos da cidade.

Ás 12 h., e simultaneamente, algúns dos grupos de folclore da agrupación realizarán unha actuación na que o público asistente poderá gozar das pezas típicas da danza galega.

O GMBT Traspès xunto coa A.F. Andarela, estaremos na Rúa Peonil do Calvario (fronte ao mercado).

Acompañádenos a celebrar este gran día!!!!!…

¿¿¿Reconquistamos Xuntos???

2013
04.04

cartel-oficial-reconquista-de-vigo-2013Boas amigos.

Como todos os anos, Traspés participará na celebración da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

O noso posto estará situado na rúa Joaquín Yáñez (na Praciña que hai nesa rúa, xusto detrás da Praza da Princesa, ao pasar o pequeno túnel, onde o ano pasado). Teremos pratos e licores tradicionais do máis caseiros (empanada de pan de millo e zamburiñas, empanada de grelos, tarta de queixo…).

Este ano, ademais da festa que faremos ao longo de toda a fin de semana, a nosa charanga amenizará a festa por todo o Casco Vello.

Agardando que o tempo axude, e con moitas ganas de pasalo bem, contamos con vós para axudar a que ano a ano, esta festa sexa un gran símbolo da nosa cidade.

Así que collede os vosos traxes tradicionais, instrumentos e sobre todo as ganas de pasalo bem e en boa compañía.

¿Reconquistamos xuntos?

Reconquista 2012 1

I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

2013
04.03