Archive for mayo, 2013

III Serán da A.C. Traspés


2013
05.14

 

O día 1 de xuño, na alameda de Sárdoma (Vigo), temos unha cita importante para cantar, beillar e pasalo en ghrande!!!!!

 

Coma estes últimos anos, a nosa asociación, en colaboración coa A.VV. O Carballo de Sárdoma estamos organizando o III Serán da A.C. Traspés.

 

Se queredes participar, soamente tedes que anotarvos nada máis chegar.

 

Haberá coma sempre chourizos e chocolatada para todos os asistentes, e o que seguro, seguro, segurísimo que non faltará ha ser unha boa festa!!!!!…
Ídelo perder!!!!!!

Cartel III Seran Traspes 2

Resultados I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2013
05.12

Categoría A (ata os 11 anos)

1º Escola de pandeireta do CEIP do Hío (Cangas do Morrazo)

2º Soalleiriños da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)

3º Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

 

 

Categoría B (de 12 a 16 anos)

1º Lanzalía, da S.C. O Castro (Miño)

2º A.C. Seixebra (Moraña)

3º Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

 

 

Categoría C (de 17 anos en adiante)

1º Lagharteiras, da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)

2º Padereteiras Sadeo (Ponteareas)

3º Aldomir, da A.C. A Mamoa de Luou (Teo)

 

 

Premio o millor vestiario

Lagharteiras, da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)

 

 

Noraboa a todos os premiados e moitas grazas a todas as agrupacións participantes.

Desexamos disfrutárades tanto coma nós de esta primeira edición e agardamos facer moitas máis.

Grazas!!!!!