Archive for junio, 2013

XIII Concurso de Baile Tradicional Galego “Azaloira”


2013
06.08

Azaloira 2013

Como todos os anos, a nosa agrupación participará no XIII Concurso de Baile Tradicional Galego 2013.


A cita, organizada pola agrupación Fortín da Pomba, desenvolverase no auditorio Manuel Dopazo a partir das 18.30 horas coa participación de seis agrupacións: Malveiras, de Vilagarcía; Trébede, de Marín; A ponte Vella, de Reis (Teo); Traspés, de Vigo; Donaire, da Coruña; e Os Xeitosos de Trazo, de Trazo. Tamén pasarán polo escenario os integrantes do grupo anfitrión e da súa escola, cos membros máis novos.

En total, repartiranse 2.300 euros en premios: O gañador embolsarase 1.200 euros; o segundo clasificado, 700 e o terceiro, 400. Os tres grupos tamén levarán os trofeos coas azaloiras, nome, que se lle dá ás bailarinas tradicionais vestidas de gala. A organización destacan o nivel dos premios e dos participantes.

Dende Traspés queremos agradecer o traballo realizado pola organización, que sabemos que é moi complicado nos tempos que corren, e en especial a Josefa Ferreiro (presidenta da Asociación Fortín da Pomba), por animarnos ano a ano a participar.
Vémonos en Bandeira, Silleda, o 16 de Xuño para desfrutar deste gran concurso.

I Serán en Amio


2013
06.08

 

Esta noite, as nosas pandereteiras participarán no I Serán en Amio, compartindo cartel con grandes agrupacións da nosa comunidade. Non faltedes!!!.

 

Serán en Amio