Archive for julio, 2013

De Serán en Romaría en DVD


2013
07.29

DVD de Seran en Romaria web

 

Xa temos á venda o DVD coa gravación do noso I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés «De Serán en Romaría».

 

Unha viaxe pola nosa terra da man de Manolo de Toutón.

Este espectáculo amosa, a través de relatos e postas en escena, as vivencias deste home que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío Serafín, «o gaiteiro do Condado».

Polavilas, romarías, entroidos e moitas outras festas agardante neste DVD, no que pretendemos que disfrutes das nosas tradicións.

 

Para informarte de como conseguilo, ponte en contacto con algún membro da nosa agrupación, ou a través do noso mail traspes@traspes.com.

 

Non demores, pois é unha edición limitada.

 

Agardamos que o disfrutes e poder seguir facendo moitos máis.

 

Festa da Cultura de Vigo 2013


2013
07.26

Este sábado día 13 de xullo, a nosa agrupación participará na Festa da Cultura de Vigo 2013, organizada pola Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo. A nosa actuación comezará as 12.00 h. no escenario ubicado na Porta do Sol.
Unha fin de semana de actuacións, concertos, artesanía…

Deixamosvos un enlace coa programación para que non perdades detalle.
Ídelo perder???

 

festa da cultura 2013 diptico

 

Traspés segundo no XIII concurso de baile tradicional galego Azaloira 2013.


2013
07.26

Despois dun gran día da nosa agrupación por Bandeira para participar no concurso de baile tradicional galego Azaloira, o resultado foi o seguinte:
1º A Ponte Vella
2º Traspés
3º Trébede
Moi contentos coa nosa actuación e agradecidos por todas as felicitacións.

Noraboa a todos os premiados!!!!.

 

azaloira 2013