Archive for febrero, 2014

Comentarios desactivados en Clases de Zumba en Traspés

Clases de Zumba en Traspés


2014
02.25
Zumba en TraspésDespois do éxito que tivo o aula de Bailes Latinos, o primeiro xoves de Marzo daremos unha clase gratuíta de Zumba. A finalidade desta clase é a de formar un grupo dentro da nosa escola.
Que mellor forma de queimar …calorías???
Vémonos o xoves 6 de Marzo no noso local, situado na Avda. da Florida 32 – Baixo.
Os interesados, por favor enviade un correo electrónico a traspes@traspes.com
Comentarios desactivados en Vai de amores!

Vai de amores!


2014
02.11

 Vai de amores

próximo domingo 23 de febreiro ás 18.00 horas, celébrase a I edición do Concerto VAI DE AMORES! no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, organizado por Tequeletequele (artes e entretemento).

 

Este ano haberá unha representación do corpo de baile da Asociación Cultural Traspés, compartindo escenario con varias agrupacións de música tradicional e solistas de extraordinario nivel.

 

 

GRUPOS:

A.C. TRASPÉS

XUNIÑEU

SADEO PANDEREITEIRAS

VOLTA E DÁLLE

O SON DA TRIGA

GRUPO TRADICIONAL formado especialmente para o concerto e integrado por ABRAHAM FERNÁNDEZ ( gaita) RAQUEL FARO (tambor) MIGUEL GONZÁLEZ DIZ ( gaita) e ALBERTO COSTAS COMESAÑA (bombo) .

MINIMA SON: MAROLA BARRAL (voz) e GABRIEL GASIO (guitarra)

 

 

SOLISTAS:

ALEJO AMOEDO ( piano)
NERA FERNÁNDEZ ( violín )
XABIER DOMÍNGUEZ ( oboe)
DANIEL P.PRADO ( Zanfona)
NURIA GESTEIRA( voz, pandeireta e baile )
NOELIA BARGIELA ( violín )
EMILIO RODRÍGUEZ ( clarinete )
ROBERTO MERA ( acordeón )
Estes últimos catro músic@s actuarán xuntos nunha espléndida formación musical especial para o evento.

 

 

Para namorarse.

Comentarios desactivados en II Concurso de Canto e Percusión Tradicional

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional


2014
02.01
II Concurso Canto e Percusión Tradicional TraspésXa temos data para o noso II Concurso de Canto e Percusión Tradicional. Será o día 27 de abril de 2014. Ide reservando esa data, e non se vos esqueza anotarvos cando publiquemos as bases.
Por outro lado, se tes un negocio e queres patrocinar ou colaborar con  algún dos premios (cousa moi necesaria para a súa realización), non dubides en poñerte en contacto connosco, atenderémosche agarimosamente…
Veña!!!, a preparar o repertorio…