Archive for abril, 2014

Comentarios desactivados en Resultados II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

Resultados II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014


2014
04.27

 

Trofeos do II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Entrega de premios cadegorías A e BDende a Asociación Cultural Traspés, queremos agradecer a participación a todas as agrupacións que asistiron, tamén a artesáns, empresas e colaboradores, e como non, a ese público entregado, xa que sen eles, vós e nós este concurso non sería posible. Pedir desculpas polos problemas que puidese haber na organización, ano a ano iremos mellorando.

 

Sigamos traballando todos unidos pola nosa Galiza, polas súas culturas e tradicións.

 

Aquí deixámosvos os resultados do noso II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, moitas felicidades a todos:

 

Categoría A:

1º Premio: Tolerías, da CCAD de Áreas. Ponteareas.
2º Premio: Arrieiras, da A.X. Xiradela de Arteixo.
3º Premio: Escola de pandeireta, do CE…IP do Hío.
Accésit de vestiario: Pipiriteiros, da ACV Cascovello de Vigo.

 

Categoría B:

1º Premio: Seixebra, da AC Seixebra de Moraña
2º Premio: Meniñas, da ACF Tarambainas de Vigo
3º Premio: Grupo B, da AC Rosalía de Castro de Teo
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da ACF Tarambainas de Vigo.

 

Categoría C:

1º Premio: Trébede, AC Loaira, de Marín.
2º Premio: Pandereteiras da AC Rosalía de Castro, Teo.
3º Premio: Lagharteiras, da ACF Lagharteiras, de Mos
Accésit de vestiario: do GBMT Tahúme, de Ribeira.

 

Noraboa a todos os premiados!!!

Comentarios desactivados en II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014


2014
04.21

II Concurso Canto Tradicional TraspesXa temos todo en marcha para a segunda edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional.

 

Como o ano pasado, a cita terá lugar no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo, o domingo 27 de abril de 2014.

O horario é o seguinte:

  • Xornada de mañá: ás 11.00 horas.
  • Xornada de tarde: ás 17.00 horas.

Entradas a 3€ en taquilla dende 1 hora antes de cada xornada. 5€ as dúas xornadas.

 

Este ano contaremos coa participación de 52 agrupacións de toda a nosa comunidade.

 

Dende a nosa asociación queremos agradecer o esforzo de toda a nosa agrupación polo traballo que están a levar. Do mesmo xeito, e grazas ao patrocinio, un ano máis, da Deputación de Pontevedra, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e de empresas privadas como Hermes Sistemas, Codisoil S.A., Laboratorio de Seguridad Telemática e De Cotío, e xunto coa colaboración da Fundación La Caixa, Novagaliciabanco, Téqueletequele, Patri Costureira Tradicional, Mercería Crespo e aos artesáns Apedraguas (Benito Quirós), Bombos Félix, Carlos do Viso, Foliqueiras, Miguel Rivas Instrumentos Tradicionais, O Reberete, Os Alegres, Sanín Percusión Tradicional e Silva Percusión.

 

Grazas tamén a todos vós, que apostades por este acto ou calqueira outro que sirvan como plataforma para a divulgación e promoción do noso patrimonio inmaterial e en particular da nosa Música Tradicional.

 

No seguinte enlace atoparedes os grupos participantes:

Grupos Participantes II Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés

 

 

Comentarios desactivados en BASES II CONCURSO CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS

BASES II CONCURSO CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS


2014
04.08

II Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés

 

Coma o ano pasado, aquí vos deixamos as bases para o noso II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

A data límite para anotarvos é o día 13 de abril.

Atoparedes toda a información nas bases. Non demoredes!!!!!

 

 

Bases II Concurso Traspes

FOLLA INSCRIPCION II CONCURSO