Archive for abril 21st, 2014

Comentarios desactivados en II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014

II Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2014


2014
04.21

II Concurso Canto Tradicional TraspesXa temos todo en marcha para a segunda edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional.

 

Como o ano pasado, a cita terá lugar no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo, o domingo 27 de abril de 2014.

O horario é o seguinte:

  • Xornada de mañá: ás 11.00 horas.
  • Xornada de tarde: ás 17.00 horas.

Entradas a 3€ en taquilla dende 1 hora antes de cada xornada. 5€ as dúas xornadas.

 

Este ano contaremos coa participación de 52 agrupacións de toda a nosa comunidade.

 

Dende a nosa asociación queremos agradecer o esforzo de toda a nosa agrupación polo traballo que están a levar. Do mesmo xeito, e grazas ao patrocinio, un ano máis, da Deputación de Pontevedra, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e de empresas privadas como Hermes Sistemas, Codisoil S.A., Laboratorio de Seguridad Telemática e De Cotío, e xunto coa colaboración da Fundación La Caixa, Novagaliciabanco, Téqueletequele, Patri Costureira Tradicional, Mercería Crespo e aos artesáns Apedraguas (Benito Quirós), Bombos Félix, Carlos do Viso, Foliqueiras, Miguel Rivas Instrumentos Tradicionais, O Reberete, Os Alegres, Sanín Percusión Tradicional e Silva Percusión.

 

Grazas tamén a todos vós, que apostades por este acto ou calqueira outro que sirvan como plataforma para a divulgación e promoción do noso patrimonio inmaterial e en particular da nosa Música Tradicional.

 

No seguinte enlace atoparedes os grupos participantes:

Grupos Participantes II Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés