Archive for noviembre, 2014

Comentarios desactivados en Concerto V Aniversario Traspés

Concerto V Aniversario Traspés


2014
11.18

Porque un lustro non se cumple tódolos días, queremos celebrar esta data ao grande.

O sábado 22 de novembro, ademáis de ser a nosa cea de grupo, faremos no restaurante “A Muiñeira do Xosé” (Mondariz Balneario), un concerto, a media noite, das nosas tres seccións musicais, no que esperamos que estedes todos presentes para bailar, tocar e cantar con nós!!

Sabedes que somos amigos da festa, e non queremos que esta sexa unha máis, non queremos que pase indiferente… o que queremos é montar unha boa, liala parda, e que “… mañán será sonada”, por iso nos gustaría contar con tódol@s nos@s amig@s para festexar este quinquenio.

Xa sabes, o sábado próximo… FESTA RACHADA!!!!

CINCO OUTONOS XUNTOS…