Archive for abril, 2015

Comentarios desactivados en Traspés de Varanda

Traspés de Varanda


2015
04.20

Ola amigos da cultura popular,

 

 

Este mes estamos de estreas, outra cita ineludible será este venres día 24 de abril, ás 20:30 h., no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, dentro da programación da LV Festa da Lamprea, onde Traspés presenta a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional.

 

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 90 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

 

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

 

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes. IMG-20150419-WA0009

Comentarios desactivados en O Carme

O Carme


2015
04.08

Da man de Traspés e Xarabal, chega a Vigo o 18 de abril, no Teatro-Cine Salesianos ás 21 h., o espectáculo «O Carme».

Ao longo de hora e media de duración poderedes disfrutar do que sería un día enterio de festividade na honra á Virxe do Carme. Desde o inicio pola mañá coa alborada, ata a festividade da noite coa verbena, pasando pola cerimonia, a comida e todo o que conleva un día de celebración.

Esperámosvos a todos en Salesianos o 18 de abril ás 21 h. con un espectáculo diferente e innovador, no que se xuntan un Grupo de Música e Baile Tradicional con unha Banda de Gaitas.

*As entradas son de balde, pero con invitacións, que se poden recoller desde hoxe mesmo na Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, sita na Rúa O Porto nº3 (Vigo) en horario de 08:00 a 15:00 h.

 

CARTAZ TRASPES&XARABAL_O Carme