Archive for mayo, 2015

Comentarios desactivados en V SERÁN TRASPÉS

V SERÁN TRASPÉS


2015
05.28

 

 

Amigos da festa,

 

O día 6 de xuño chega, como xa é tradición, o Serán da Asociación Cultural Traspés. Ás 22 h. na Alameda de Sárdoma (Vigo), montaremos unha desas festas que teñen sona, desas nas que os que non cantan nin bailan veñen oír catro mentiras para ir contar ao día seguinte, desas que che deixan sen folgos para un mes XDDDDD

 

Lembrade, esperámosvos a todos para cantar e bailar en Sárdoma o día 6 de xuño… Imos a liala parda 😉

 

V Seran Traspes

Comentarios desactivados en TRASPÉS imos ao LUAR

TRASPÉS imos ao LUAR


2015
05.18

 

 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés seguimos a traballar e divulgar a nosa cultura popular.

 

 

Esta semana faremos unha intervención no programa da televisión de Galicia, Luar. Este espazo comeza sobre as 21:45 h.

 

 

Lembrade, este venres 22 de maio, permanecede atentos ás vosas pantallas!!

 

MG9858

Comentarios desactivados en MOSTRA DE FOLCLORE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

MOSTRA DE FOLCLORE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


2015
05.14

 

Este sábado no Cine Teatro Salesianos de Vigo, terá lugar a Mostra de Folclore da Deputación de Pontevedra ás 20:30 h. Unha mostra pola que pasarán tres agrupacións viguesas como son: Lembranzas Galegas, O Fiadeiro e Traspés.



*As entradas para a mesma son a través de invitacións que se poden recoller na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, de luns a venres en horario de 09 a 14 h. (sita na rúa Oporto).

image001

Comentarios desactivados en Resultado do III Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultado do III Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2015
05.11

Primeiramente queremos dar as grazas aos patrocinadores, colaboradores e artesáns, pola súa aportación desinteresada a este proxecto, sen eles todo este esforzo non serviría de nada.

Grazas tamén aos 34 colectivos que onte pasaron polo auditorio Afundación a ensinar un anaquiño do seu traballo, e as nosas FELICIDADES a todos porque o fixeron realmente ben e para o xurado tivo que ser moi difícil tomar a decisión. Todos os grupos sodes realmente moi bos!!

Os resultados foros os seguintes:
Na categoría A (ata os 11 anos):
1º «Laretas» da A.C.F. Tarambainas de Vigo
2º «Soalleiriños» da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)
3º «Seixebra» da A.C. Seixebra (Moraña)
Mellor vestiario para «Laretas» da A.C.F. Tarambainas de Vigo
Na categoría B (de 12 a 16 anos):
1º «Vai de Roda» da A.B.M.T. Vai de Roda (Rianxo)
2º «Seixebra» da A.C. Seixebra (Moraña)
3º «Lina e Lola» da A.C. Peis d’Hos (Cangas do Morrazo)
Mellor vestiario para «Vai de Roda» da A.B.M.T. Vai de Roda (Rianxo)
Na categoría C (de 17 anos en adiante):
1º «Aldomir» da A.C. A Mámoa de Luou (Teo)
2º «Taravela» da A.X. Xiradela (Arteixo)
3º «Meniñas» da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Mellor vestiario para «Lagharteiras» da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
Moitos parabéns a tódolos gañadores e a seguir traballando a prol da nosa cultura.
11164825_10203138858152720_748152947777564308_n
Comentarios desactivados en III CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS

III CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS


2015
05.06

FB_IMG_1430814684507   O Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nace como resposta á necesida de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan, ademáis, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións dedicadas á recuperación e conservación do noso folclore.

Este domingo temos a terceira edición deste concurso de pandereteir@s no auditorio do teatro Afundación (Vigo) sito na rúa Marqués de Valladares, en sesión de mañá ás 11 h. para as categorías A (ata 11 anos) e B (de 12 a 16 anos), e de tarde ás 17 h. a categoría C (de 17 anos en adiante).

Este acto non sería posible sen a axuda de:

Patrocinadores:
Excelentísima Deputación de Pontevedra, 
Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Secitor, Obradoiro de gaitas Seivane, De Cotío, e Contradición.

 

Colaboradores: Mapfre, A Banca, Patricia González Iglesias (Costureira), Vigo Courier, Pelomaniaby Ani, Merkasa, Artesa de Arte, Mercería Crespo, Victoria Villar, Sons Vigo, La Caixa, Obradoiro de gaitas Patricia Cela, e Téqueletéquele.

 

Artesáns: Silva Percusión, Sanín Percusión Tradicional, Foliqueiras, O Reberete Instrumentos Tradicionais, Benito Quirós (A Pedra de Augas), Os Alegres, DaCorLa, Queima Instrumentos de Música Tradicional, e  Eva Rodríguez e Miguel Rivas Instrumentos Tradicionais.

 

 

A todos eles moitas grazas, porque sen a súa axuda este concurso non sería posible.

 

Esperámosvos a todos por alí o domingo, ao remate de cada sesión actuarán os grupos musicais da A.C. Traspés.