Archive for junio, 2015

Comentarios desactivados en PREINSCRICIÓN ESCOLA 2015/2016

PREINSCRICIÓN ESCOLA 2015/2016


2015
06.30

 

 

Queridos amigos e socios,

 

 

Lembrade que esta semana podedes seguir facendo a preinscrición para vir ás nosas actividades no novo curso 2015/2016 na nosa oficina, de luns a venres de 18 a 20h.

 

 

Non quedes sen praza para o curso que ven!! Anótate xa!!

 

 

Escola Traspés 2015 2016

Comentarios desactivados en Última fin de semana de xuño… a celebrala!!

Última fin de semana de xuño… a celebrala!!


2015
06.25

Fin de semana movidiña para a nosa asociación.

Comezamos mañá venres coa festa de Fin de Curso das escolas da nosa asociación, a partir das 18:30 h. no noso local. Estades todos convidados a vir a facer festa e pasar un bo rato con nós.

 

 

IMG-20150619-WA0006

 

 

 

O sábado, as nosas pandereteiras e os nosos pandereteiros andarán por Teo, máis concretamente na parroquia de Luou, trouleando no serán que organiza a asociación A Mámoa a partir das 22 h.

 

 

FB_IMG_1435183124281

 

 

 

O domingo tócalle o turno á nosa charanga que participará nos concertos do festival de fin de curso da asociación Sacapunto de Mondariz, ás 20 h. na praza de Mondariz.

 

 

IMG-20150624-WA0001

 

 

 

Esperamos vervos a todos por algunha destas festas!! ARRIBA TRASPÉS!!!

 

Comentarios desactivados en Festa fin de curso Traspés

Festa fin de curso Traspés


2015
06.22

 

O próximo venres día 26 de xuño, invitaremos a todos os alumnos que formastes parte da escola 2014/2015 a uns pinchos no noso local a partir das 18.30 horas.

Non faltedes!!!!!

 

 

Comentarios desactivados en Escola Traspés 2015/2016. Preinscrición Aberta!!!

Escola Traspés 2015/2016. Preinscrición Aberta!!!


2015
06.22

Escola Traspés 2015 2016Xa temos aberta a inscrición para o novo curso que ven. Se estás ou estades interesados nalgún aula, non dubidedes en anotarvos canto antes. Descargáde a nosa folla de preinscrición e enviadea a traspes@traspes.com ou na nosa oficina.

 

FOLLA PREINSCRIPCION ESCOLA TRASPES 2015 2016

 

Para máis información estaremos na nosa oficina de luns a venres, de 18:00 a 20:00 ata o 3 de xullo e todo o mes de setembro.

 

Non demoredes!!!