Archive for julio, 2015

Comentarios desactivados en XXXVI Festa do Pemento ARNOIA 2015

XXXVI Festa do Pemento ARNOIA 2015


2015
07.28

 

267H1O sábado, día 1 de agosto, as nosas seccións musicais marchan a terras ourensanas a tocar nunha festa das que xa teñen sona… A XXXVI Festa do Pemento de Arnoia 2015.

Dende as 12 do mediodía, e tamén a partir das 19:30 da tarde, poderedes gozar da música da nosa charanga, que estará amenizando a velada nesta Festa do Pemento que se celebra no concello de Arnoia.

Por se fora pouco, ás 22 h., e no mesmo lugar, dará comezo o I Festival Certame de Pandereteiras «Arnoia Viva» onde participarán o noso grupo de pandereteiras, e tamén o grupo de pandereteiros, ademáis estarán as pandereteiras de Brincadeira e A Subela.

Vas perder este gran día?¿?¿ Nós non… E veña festa!!

Esperámosvos a todos en AR NO IA… e veña pemento ♥

Comentarios desactivados en Semana Grande das Festas de Vigo 2015

Semana Grande das Festas de Vigo 2015


2015
07.26

Mañá, luns 27 de xullo, Traspés amenizará as rúas do Príncipe e Montero Ríos con motivo da programación das festas do Cristo da Victoria.

Ás 20:30 arrancaremos dende o MARCO percorrendo a rúa do Príncipe e facendo algunha actuación pola citada rúa, seguidamente desfilaremos pola Praza da Constitución, rúas Oliva e Laxe ata chegar á rúa Montero Ríos, onde ademáis de percorrela cun desfile, faremos tamén algunha pequena actuación.

Esperámosvos a todos neste acto encadrado dentro da Semana Grande das Festas de Vigo 2015.

A troulear!!

Comentarios desactivados en Festa da Cultura de Vigo 2015

Festa da Cultura de Vigo 2015


2015
07.23

11403141_1110039235677416_748912595962702781_n

Outro ano máis, chega a Vigo a festa da cultura organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, unha festa na que se poden ver as actuacións dos distintos grupos pertencentes ás asociacións federadas, ademáis de concertos de grupos convidados.

 


O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará o sábado 25 de xullo ás 20:30, no escenario que teñen para a ocasión na Porta do Sol.



Pásate por esta bonita festa, se non ves a ver a nosa actuación, pasa a ver algunha outra, e non perda-los concertos da noite!!



Esperámosvos a todos por alí!!

https://www.facebook.com/events/349064288600685/

 

11709746_1110531125628227_7462897051565114551_n

Comentarios desactivados en Pandereteiras Traspés na II Retro-Foliada

Pandereteiras Traspés na II Retro-Foliada


2015
07.07

Cartel II RetroFoliada

 

Este sábado, día 11 de xullo, ás 22:30 h., o noso grupo de pandereteiras estará no Eirado de Cela (Bueu) participando na II Retro-Foliada que organiza o grupo Retrouso.

 

 

Ademáis tamén participarán Ultreia, A Mámoa de Luou, Virutas de Ébano e Os Micos. Despois da intervención destes grupos é unha foliada aberta (serán), polo que se queredes tocar e cantar podedes achegarvos e apuntarvos no momento.

 

Esperámosvos a todos por alí para botar unhas bailas!!



FEEEEEESSSSTAAAAAAA!!!