Archive for septiembre, 2015

Comentarios desactivados en Escola Traspés 2015/2016

Escola Traspés 2015/2016


2015
09.28

 

 

Aínda non te anotaches nas nosas aulas?

 

 

 

Quédanos algunha praza baleira para que poidas asistir, achégate polo noso local e anótate!!

 

 

 

Horario de oficina:

Luns de 16 a 19 h.
Mércores de 16 a 18 h.
Venres de 11:30 a 13:30 e de 17 a 20 h.

 

 

Tamén podes facelo a través do noso teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com ou polo facebook (traspès).

 

 

Escola Traspés 2015/2016

Comentarios desactivados en XI Encontro Folclórico da A.C.D.C.

XI Encontro Folclórico da A.C.D.C.


2015
09.21

 

Este domingo o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estará, xunto con Andarela, Os Ventos de Comesaña e o Grupo Folclórico de Valladares, no XI Encontro Folclórico 2015 (terceira parte) que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

 

O acto terá lugar ás 18 h. no auditorio do Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares (Vigo).

 

 

Esperámosvos a todos por alí para pasar outra bonita tarde de domingo todos xuntos disfrutando da nosa música e o noso baile!!

 

 

Veña festa!!!

 

12038843_1143279519034992_1669929525657183565_o

Comentarios desactivados en Traspés de Varanda en Mondariz

Traspés de Varanda en Mondariz


2015
09.16

 

 

Traspes de Varanda en Mondariz web

 

Este domingo, Traspés, estaremos na Praza de Mondariz ás 19 h. coa nosa II Mostra de Música e Baile Tradicional «Traspés de Varanda».

 

 

Esperámosvos a todos por alí para pasar unha agradable tarde de domingo!!

 

 

E vamos de varandaaaa….

 

 

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

 

 

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 75 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

 

 

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

Comentarios desactivados en Escola Traspés 2015/2016

Escola Traspés 2015/2016


2015
09.03

Xa temos todo preparado para comezar o novo curso 2015/2016 en Traspés!!!!

Se estás interesado/a nalgunha das nosas actividades, é moi doado!!!. Entra no apartado escola da nosa web e infórmate das actividades que che ofrecemos. Seguidamente, enche o formulario adxunto ao final deste » post » para preinscribirte, e envíanolo a traspes@traspes.com, informarémoste de como está o teu proceso de solicitude.

 

 

Para máis información, podes chamar ao teléfono 886 116 033, a través do noso correo electrónico traspes@traspes.com ou na nosa oficina, que estará aberta no seguinte horario:

 


Luns, martes e mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Venres de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 horas.

 

 

Non o penses máis e apúntate!!!!

 

 

PREINSCRIPCION ESCOLA TRASPES

PREINSCRIPCION ESCOLA TRASPES

 

 

Escola Traspés 2015/2016