Archive for septiembre 16th, 2015

Comentarios desactivados en Traspés de Varanda en Mondariz

Traspés de Varanda en Mondariz


2015
09.16

 

 

Traspes de Varanda en Mondariz web

 

Este domingo, Traspés, estaremos na Praza de Mondariz ás 19 h. coa nosa II Mostra de Música e Baile Tradicional «Traspés de Varanda».

 

 

Esperámosvos a todos por alí para pasar unha agradable tarde de domingo!!

 

 

E vamos de varandaaaa….

 

 

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

 

 

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 75 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

 

 

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.