Archive for octubre, 2015

Comentarios desactivados en Pandereteir@s Traspés na Foliada de Defuntos!

Pandereteir@s Traspés na Foliada de Defuntos!


2015
10.28

 

 

Este vindeiro sábado día 31 de outubro, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, celebra dende as 12 da mañá a festa do Samaín, con actividades que podedes consultar no cartel que adxuntamos nesta entrada.

 
Como broche final da festa vaise celebrar ás 20:30 h., unha foliada na Praza do Berbés que non vos vai deixar indiferentes… será terrorífica!! E claro, Traspés non podía faltar… alí estaremos cantando e bailando toda a noite…

 
Esperámosvos!! E veña festaaaaaaaa…..

 

 

12063686_841892052574687_6919870810836187533_n

Comentarios desactivados en Traspés de Varanda en Cabral

Traspés de Varanda en Cabral


2015
10.19

 

 

Este domingo día 25 de outubro ás 19 h., Traspés estaremos na Asociación de Veciños «Santa Mariña» de Cabral (Vigo), dentro da súa programación no Outono Cultural 2015 coa nosa II Mostra de Música e Baile Tradicional «Traspés de Varanda».

 

 

Esperámosvos a todos por alí para pasar unha boa tarde de domingo!!

 

IMG_5744 website change monitor .