Este venres o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estará novamente no programa Luar da televisión de Galicia.
Aproveitamos a ocasión para informar que ese mesmo venres (día 4 de decembro) a oficina estará pechada en horario de tarde!

Fanáticos do bombo con pratos, lembrade que a finais de este mes, o día 29, temos na nosa asociación un cursiño impartido por Marcos Saburido (Kinhos), gran mestre na materia de percusión tradicional.
Con un prezo de 35 € para socios e 40 € para non socios, o curso será en horario de 11 a 14 e de 16:30 a 19:30 h. no noso local sito na Rúa Florida nº32 – baixo (ST42).
Anotarse é doado, descargades a folla de inscrición CURSO DE BOMBO_inscricion e enviádela a traspes@traspes.com, non demoredes moito que as prazas son limitadas 😉
Esperámosvos!!
Amighos folkis, este domingo 8 de novembro, Traspés estará representando a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional nos Xardíns Urbano Lugrís – As Lagoas (Bueu) ás 18 h., actuación encadrada dentro da programación das Festas de San Martiño.
Esperamos vervos a todos polo Morrazo!!!
E vamos de varanda… e vamos de varanda…