Archive for marzo, 2016

Comentarios desactivados en Reconquista e Luar da TvG

Reconquista e Luar da TvG


2016
03.31

 

Comezamos o mes de abril en Traspés, e como non podía ser doutra maneira, vai ser un mes cheo de proxectos, traballo e actividades…

 

Primeiramente daremos o pistoletazo de saída a este mes con esta fin de semana no que comezaremos o venres cunha intervención moi especial, por parte da sección de baile, no programa Luar da Crtvg, non o podes perder porque vai ser unha colaboración que non pasará indiferente!

 

luar

 

Nesta mesma fin de semana, celebramos na nosa cidade a Festa da Reconquista da Vila de Vigo organizada pola Asociación Veciñal Casco Vello de Vigo, na que ademáis de ter un stand con bebidas e productos típicos da terra con prezos inmellorables, situado este ano na Rúa Teófilo Llorente nº69, na Praza dos Ratos (xusto por debaixo do Faneco), as nosas pandereteiras e os nosos pandereteiros darán un concerto o sábado ás 19 h. no Espazo Mahou (Praza Eduardo Chao), e o domingo a nosa charanga estará de pasarrúas pola festa desde as 14 ata as 16:30 h.

 

5ed6ec283ae02d0df1756eeb95f9359a_XL

 

Lembra esta fin de semana nun resumo:

Venres día 1 Traspés no Luar

Sábado día 2 ás 19 h. concerto de Pandereteir@s no Espazo Mahou (Praza Eduardo Chao)

Domingo día 3 de 14 a 16:30 h. pasarrúas da Charanga pola Festa da Reconquista da Vila de Vigo

Sábado e domingo stand de Traspés na Praza dos Ratos con foliada a todas horas!!

Comentarios desactivados en Vacacións de Semana Santa

Vacacións de Semana Santa


2016
03.14

 

Informamos que a Asociación Cultural Traspés estará de vacacións de Semana Santa desde o día 22 de marzo ata o día 28 (ambos incluídos), neses días non haberá aulas de escola…

 

Disfrutade moito destas mini vacacións!!

 

Cartel vacacións de Semana Santa 2016 Traspés

 

Comentarios desactivados en Data IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2016

Data IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés 2016


2016
03.11

 

XA TEMOS DATA DEFINITIVA PARA O IV CONCURSO!!

 

O IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde Traspés, será definitivamente o próximo día 22 de maio, coma de costume no Auditorio Afundación de Vigo.

 

En breve colgaremos e enviaremos as bases e folla de inscrición… reservade a data!!

 

IMG_20160311_171506

Comentarios desactivados en Aulas de Acordeón Diatónico en Traspés

Aulas de Acordeón Diatónico en Traspés


2016
03.03

 

O día 14 de marzo estreamos unha nova actividade nas nosas aulas, comezamos coas clases de ACORDEÓN DIATÓNICO da man da mestra Sonsoles Martínez.

 

O horario das mesmas será os luns de 20 a 21 h. no noso local da Avenida da Florida nº32 – baixo (ST42), para máis información ou inscricións podedes poñervos en contacto con nós a través do noso teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com, ou visitándonos na nosa oficina.

 

Aprende acordeón con nós en Traspés!!

 

Cartaz Aulas de Acordeon Diatonico

 

IMG_7693

 

 

Comentarios desactivados en Debut das Escolas de Baile Moderno Traspés

Debut das Escolas de Baile Moderno Traspés


2016
03.03

 

Este pasado domingo día 28 de febreiro estreáronse, no Teatro-Cine  Salesianos de Vigo, dentro do festival organizado por Ritmo C.B., os dous grupos de baile moderno pertencentes a esta Asociación Cultural. Augurámoslles un gran futuro!!

 

Arriba Traspés!!

 

IMG-20160229-WA0000 (2)