Archive for marzo 31st, 2016

Comentarios desactivados en Reconquista e Luar da TvG

Reconquista e Luar da TvG


2016
03.31

 

Comezamos o mes de abril en Traspés, e como non podía ser doutra maneira, vai ser un mes cheo de proxectos, traballo e actividades…

 

Primeiramente daremos o pistoletazo de saída a este mes con esta fin de semana no que comezaremos o venres cunha intervención moi especial, por parte da sección de baile, no programa Luar da Crtvg, non o podes perder porque vai ser unha colaboración que non pasará indiferente!

 

luar

 

Nesta mesma fin de semana, celebramos na nosa cidade a Festa da Reconquista da Vila de Vigo organizada pola Asociación Veciñal Casco Vello de Vigo, na que ademáis de ter un stand con bebidas e productos típicos da terra con prezos inmellorables, situado este ano na Rúa Teófilo Llorente nº69, na Praza dos Ratos (xusto por debaixo do Faneco), as nosas pandereteiras e os nosos pandereteiros darán un concerto o sábado ás 19 h. no Espazo Mahou (Praza Eduardo Chao), e o domingo a nosa charanga estará de pasarrúas pola festa desde as 14 ata as 16:30 h.

 

5ed6ec283ae02d0df1756eeb95f9359a_XL

 

Lembra esta fin de semana nun resumo:

Venres día 1 Traspés no Luar

Sábado día 2 ás 19 h. concerto de Pandereteir@s no Espazo Mahou (Praza Eduardo Chao)

Domingo día 3 de 14 a 16:30 h. pasarrúas da Charanga pola Festa da Reconquista da Vila de Vigo

Sábado e domingo stand de Traspés na Praza dos Ratos con foliada a todas horas!!