Archive for mayo, 2016

Comentarios desactivados en Traspés na Festa da Cereixa de Beade (Vigo)

Traspés na Festa da Cereixa de Beade (Vigo)


2016
05.31

 

Este próximo venres 3 de xuño ás 20:30 h., o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará no Festival Folclórico que organiza o C.S.C.R. de Beade no auditorio do propio centro cultural, xunto co grupo de gaitas «Arume» e as pandereteiras «Volta do Demo».

 

Este festival está encadrado dentro dos actos da XXXI Feira-Festa da Cereixa.

 

Esperámosvos a todos por Beade!! Música, baile e moitas cereixas!!

Cartel_cereixa_2016

Poliptico_cereixa_2016

 

IMG_20160531_161100

 

 

 

 

Comentarios desactivados en Resultados IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2016
05.25

Este pasado domingo día 22 de maio, celebramos o noso IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional no que participaron 38 agrupacións de distintos puntos da nosa comunidade.

Desde a Asociación Cultural Traspés queremos agradecer a participación de tódolos grupos, así como o apoio de distinos patrocinadores, colaboradores e artesáns.

Tamén dar as grazas aos tres membros do xurado, que non o tiveron nada fácil debido á grande calidade demostrada neste día, eles foron Olga Kirk, Gustavo Couto e Xandre Outeiro, e tras a súa deliberación os premios quedaron repartidos do seguinte xeito:

 

Categoría A (nenos ata 11 anos):

  • 1º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
  • 2º Premio: Laretas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  • 3º Premio: Escola de pandeireta do C.E.I.P. do Hío (Cangas do Morrazo)
  • Accesit de vestiario para o Grupo C da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Categoría B (de 12 a 16 anos):

  • 1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
  • 2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  • 3º Premio: Grupo A da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
  • Accesit de vestiario para Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría C (de 17 anos en adiante):

  • 1º Premio: Barallocas da A.C. O Amanexo (Oleiros)
  • 2º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
  • 3º Premio: Grupo C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
  • Premio ao mellor vestiario para Pandereteiras A Buxaina do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)

Este concurso non sería posible sen o patrocinio das seguintes entidades:

  1. Excelentísima Deputación de Pontevedra
  2. Concello de Vigo
  3. Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
  4. Codisoil S.A.
  5. Hermes Sistemas
  6. Obradoiro de gaitas Seivane
  7. De Cotío
  8. Xesleio
  9. Contradición

Tamén colaboraron:

  1. Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
  2. Obradoiro de costura Saiáns
  3. Obradoiro de gaitas Gil
  4. Obradoiro de gaitas Afonso Castro
  5. Obradoiro de gaitas Antón Corral
  6. Vigo Courier
  7. PelomaníabyAni
  8. La Contenta
  9. Centro de quiromasaxe e estética Alma
  10. Mercería Crespo
  11. Material e mobiliario de oficina Ofint
  12. Restaurante Cielito Lindo
  13. Bulideira
  14. Téqueletéquele

E a desinteresada aportación dos artesáns:

  1. Silva Percusión Tradicional
  2. Sanín Percusión Tradicional
  3. O Reberete Instrumentos Tradicionais
  4. DaCorLa Artesanía
  5. Miguel Rivas Obradoiro de Instrumentos Tradicionais
  6. Abrahán Riveiro Instrumentos Tradicionais
  7. Xosé Tuñas Percusión
  8. Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais

Non temos suficientes palabras para demostrarlles o agradecemento a todos eles!! Miles e milleiros de grazas…

Vémonos para o ano que ven no V Concurso!! 🙂 😉

Comentarios desactivados en IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2016
05.16

 

 

O vindeiro día 22 de maio, celebramos no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés repartido en dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11:00 h. coas categorías A (ata os 11 anos) e B (de 12 a 16 anos), e a da tarde, ás 17 h. coa categoría C (a partir de 17 anos).

 

 

Este concurso nace como resposta á necesida de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan, ademáis, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións dedicadas á recuperación e conservación do noso folclore. Esta necesidade non cuberta na zona sur de Galicia, así como a gran afluencia de colectivos que moven este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este vacío cultural.

 

 

Grazas ao patrocinio de entidades públicas como a Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e de empresas privadas como Codisoil S.A., Hermes Sistemas, Obradoiro de gaitas Seivane, De Cotío, Xesleio e Contradición, e xunto coa colaboración de outras como Instalaciones del Noroeste S.A., Patri Costureira Tradicional, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Vigo Courier, PelomaníaByAni, La Contenta, Alma, Mercería Crespo, Ofint, Cielito Lindo, Bulideira e TéqueleTéquele, e á aportación de artesáns como Silva Percusión Tradicional, Sanín Percusión Tradicional, O Reberete Instrumentos Tradicionais, DaCorLa Artesanía, Miguel Rivas Obradoiro de Instrumentos Tradicionais, Abrahan Riveiro Instrumentos Tradicionais, Xosé Tuñas Percusión e Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais, estamos hoxe coa cuarta edición deste evento.

 

 

Desde a Asociación Cultural Traspés, queremos agradecer o apoio de patrocinadores e colaboradores porque fan posible a realización deste tipo de eventos que poñen en valor e dignifican a música e o canto do noso país; tamén o noso agradecemento ás 38 agrupacións que concursan este ano pola súa participación, razón da existencia desta convocatoria anual; e como non, grazas a todas e a todos vós, que apostades para que este tipo de actos sirvan de plataforma para a divulgación do noso patrimonio inmaterial, e en particular, da nosa música tradicional.

 

 

Cartaz IV Concurso Traspés

Comentarios desactivados en IV Festival de Baile Moderno da ACDC

IV Festival de Baile Moderno da ACDC


2016
05.16
Este próximo domingo 22 de maio ás 18:00 h. no Auditorio do C.C.R. de Valladares (Vigo), os nosos grupos de baile moderno, participarán no IV Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centos Deportivos e Culturais de Vigo.

Xunto a eles estarán tamén os grupos As Sereas (Valladares), Flashdance (Cabral) e O Fiadeiro.

Se queredes unha tarde de Hip-Hop, danzas urbanas, etc., achegádevos a Valladares!!
IMG_20160228_131306
Comentarios desactivados en I Certame de Gaitas do Concello de Bergondo

I Certame de Gaitas do Concello de Bergondo


2016
05.12

 

O vindeiro martes 17 de maio, cadrando co festivo polo día das Letras Galegas, a nosa charanga participará no I Certame de Gaitas que organiza o Concello de Bergondo en homenaxe a Pepe Temprano.

 

O acto, presentado por Pepe Capelán, terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) a partir das 18 h., e xunto coa Charanga Traspés, participarán: Os Perillos, Sementando Palletas, Grupo Nova Troula, Alfaia da A.C. O Amanexo, Untía e a Banda de Gaitas da A.C. Malante. Por se fose pouco, ofrecerán tamén unha actuación a Asociación Cultural «Gaiteiros de Alén do Mar», a Asociación folclórico cultural San Xoán de Ouces e «Os Mariachis» de Pepe Temprano.

 

Moita sorte para os nosos músicos!! Esperámosvos a todos por Bergondo!!

 

Cartel_I_Certame_Gaitas_Bergondo_Homenaxe_Pepe_Temprano_2016