Archive for mayo 16th, 2016

Comentarios desactivados en IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2016
05.16

 

 

O vindeiro día 22 de maio, celebramos no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés repartido en dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11:00 h. coas categorías A (ata os 11 anos) e B (de 12 a 16 anos), e a da tarde, ás 17 h. coa categoría C (a partir de 17 anos).

 

 

Este concurso nace como resposta á necesida de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan, ademáis, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións dedicadas á recuperación e conservación do noso folclore. Esta necesidade non cuberta na zona sur de Galicia, así como a gran afluencia de colectivos que moven este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este vacío cultural.

 

 

Grazas ao patrocinio de entidades públicas como a Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e de empresas privadas como Codisoil S.A., Hermes Sistemas, Obradoiro de gaitas Seivane, De Cotío, Xesleio e Contradición, e xunto coa colaboración de outras como Instalaciones del Noroeste S.A., Patri Costureira Tradicional, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Vigo Courier, PelomaníaByAni, La Contenta, Alma, Mercería Crespo, Ofint, Cielito Lindo, Bulideira e TéqueleTéquele, e á aportación de artesáns como Silva Percusión Tradicional, Sanín Percusión Tradicional, O Reberete Instrumentos Tradicionais, DaCorLa Artesanía, Miguel Rivas Obradoiro de Instrumentos Tradicionais, Abrahan Riveiro Instrumentos Tradicionais, Xosé Tuñas Percusión e Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais, estamos hoxe coa cuarta edición deste evento.

 

 

Desde a Asociación Cultural Traspés, queremos agradecer o apoio de patrocinadores e colaboradores porque fan posible a realización deste tipo de eventos que poñen en valor e dignifican a música e o canto do noso país; tamén o noso agradecemento ás 38 agrupacións que concursan este ano pola súa participación, razón da existencia desta convocatoria anual; e como non, grazas a todas e a todos vós, que apostades para que este tipo de actos sirvan de plataforma para a divulgación do noso patrimonio inmaterial, e en particular, da nosa música tradicional.

 

 

Cartaz IV Concurso Traspés

Comentarios desactivados en IV Festival de Baile Moderno da ACDC

IV Festival de Baile Moderno da ACDC


2016
05.16
Este próximo domingo 22 de maio ás 18:00 h. no Auditorio do C.C.R. de Valladares (Vigo), os nosos grupos de baile moderno, participarán no IV Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centos Deportivos e Culturais de Vigo.

Xunto a eles estarán tamén os grupos As Sereas (Valladares), Flashdance (Cabral) e O Fiadeiro.

Se queredes unha tarde de Hip-Hop, danzas urbanas, etc., achegádevos a Valladares!!
IMG_20160228_131306