Archive for junio, 2016

Comentarios desactivados en Festa de Fin de Curso 2015/2016

Festa de Fin de Curso 2015/2016


2016
06.27

 

Este domingo día 03 de xullo, celebramos ás 12:00 h. no noso local social, o peche das actividades deste curso escolar 2015/2016 con pequenas exhibicións por parte dos grupos das distintas disciplinas impartidas durante este ano.

 

Agardamos por todos vós para pasar unha mañá de domingo en boa compaña apoiando aos nosos alumnos, para a maioría a primeira vez que se enfrentan ao público!!

 

VEN TROULEAR CON NÓS…

IMG_20160627_174811

Comentarios desactivados en VI Serán Traspés

VI Serán Traspés


2016
06.04

 

O vindeiro sábado día 11 de xuño, ás 22:00 h., a Asociación Cultural Traspés celebraremos na Alameda de Sárdoma (Vigo) o VI Serán tradicional.

 

Coma tódolos anos, haberá comida e bebida a fartar, tampouco faltará de madrugada a rosquiña co cholate, e como non, o que sí que non vai estar ausente van ser as músicas e bailes da man das xentes chegadas de distintos puntos da nosa xeografía.

 

Como ves, é unha cita que non podes perder… tódolos anos facemos historia polo ben que o pasamos e pola tremenda festa que facemos… valo perder?¿ EU NON!!

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!!!

IMG_20160604_155851