Archive for julio 18th, 2016

Comentarios desactivados en Festa da Cultura da ACDC

Festa da Cultura da ACDC


2016
07.18

 

Outro ano máis, chega á cidade olívica, a Festa da Cultura que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na que ao longo de dous días de duración pasan tódalas asociacións federadas facendo actuacións e exhibicións de distintas formacións que pertencen a cada unha.

 

A presente edición terá lugar os días 22 e 23 de xullo, e o escenario para poder disfrutar das distintas actuacións e concertos estará situado na Porta do Sol.

 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés fará a súa intervención o venres 22, con un pasarrúas por Príncipe ás 20:30, e a exhibición no palco ás 21:00 h.

 

Esperámosvos a todos por alí para disfrutar dunha gran festa!