Desde a Asociación Cultural Traspés desexámosvos a todos unhas felices festas e un próspero aninovo. Que no ano que entra teñades toda a felicidade e sorte do mundo!!
Bo Nadal a todos…
Este venres día 23 de decembro, a Asociación Cultural Traspés estará colaborando coa Asociación Veciñal Casco Vello, e moitas outras asociacións, nos actos que se realizarán na Praza da Princesa con motivo da chegada do apalpador.
Ás 11:30 h. da mañá impartiremos un Obradoiro de Baile Tradicional da man de Leticia González, e ás 16:30 h. actuará o noso grupo infantil de canto e pandeireta xunto ás escolas de Tarambainas e O Fiadeiro.
Adxuntamos cartaz con toda a programación e asociacións organizadoras…
Achégate a pasar un fabuloso día con todos nós!!
Volve por estas datas de nadal a oferta nos nosos DVD’s co espectáculo «De Serán en Romaría»… Aproveita a ocación e mércao, para ti ou como agasallo… só son 5 €
Para máis productos do noso merchandising consúltanos sen problema, contactando con nós no teléfono 886 116 033, traspes@traspes.com ou no noso facebook (no que hai un álbum cos productos que vendemos).
Este vindeiro fin de semana será movidiño para os nosos grupos de canto e percusión tradicional, sobre todo para os pandereteiros… Temos concertos o sábado 17 e o domingo 18 😉
Primeiramente, o sábado día 17 de decembro, ás 20:30 h., o grupo de Pandereteiros Traspés darán un concerto en As Pontes de García Rodríguez, no Local Social «O Lar», situado no Poboado As Veigas. Esta actuación será o peche de sesión das Xornadas de Percusión Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e que contará con cursiños impartidos por Gustavo Couto, Kinhos e Chuco.
Para máis información sobre estes cursos, podedes pinchar nos seguintes enlaces (tamén hai cursos o domingo 18):
https://www.facebook.com/
http://
Por outra banda, o domingo día 18 ás 19 h., na Rúa Teixugueiras (Navia – Vigo), na rotonda do Froiz, terá lugar o III Vifolk organizado polo Concello de Vigo, no que participarán o grupo de Pandereteiras e o grupo de Pandereteiros Traspés, ademáis de grupos como gaiteiros de Andarela, Algarabía Folk e Pepe Vaamonde grupo.
Para máis información sobre o Vifolk, adxuntamos cartaz…
Esperámosvos a todos para despedir o ano con moita música… VEN TROULEAR CON NÓS!!
ARRIBA TRASPÉS!!!!
Este sábado día 10 de decembro, desde as 18 ata as 20 h., un grupo de gaitas da nosa asociación percorrerá a rúa Pi y Margall desde o Paseo de Alfonso XII ata o cruce de Peniche. Esta actuación está enmarcada dentro do programa de animación de rúa que organiza o Concello de Vigo a través da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais polo nadal.
Se andas facendo compras de nadal pola zona aproveita para botar un baile con nós!!
Esperámoste…