Archive for abril, 2017

Comentarios desactivados en Día Internacional da Danza

Día Internacional da Danza


2017
04.26

 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estará este sábado 29 de abril ás 20 h., actuando na Praza do Emigrante (As Travesas –  Vigo) xunto aos grupos O Coto, Atlántida de Matamá e Cotogrande de Cabral.

 

Tamén haberá máis actuacións por distintos puntos da cidade, como son:

Praza da Pedra: Valladares, Corisco e Queixumes.

Museo MARCO: Andarela, O Fiadeiro e Os Ventos de Comesaña.

Mercado do Calvario: Froles Novas, Helios, A Buxaina e Monteira.

 

Esperámosvos a todos nas Travesas para conmemorar o Día da Danza…

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

1912439_1162599430436334_4278173679537883559_n

Comentarios desactivados en VII Aña Urbana

VII Aña Urbana


2017
04.19

 

Este sábado, día 22 de abril, os Pandereteiros Traspés, darán un pequeno concerto dentro dos actos da Aña Urbana de Pontevedra que organiza a Asociación Cultural Trépia.

 

A actuación dará comezo ás 19:30 h. na carpa que haberá na Praza do Concello de Pontevedra, onde, a continuación, se celebrará tamén un serán no que poden tocar e bailar todas aquelas persoas que o desexen e se acheguen ata alí.

 

Ademáis durante todo o día hai moitos máis actos coma obradoiros, actuacións varias por tódalas rúas da cidade, visitas a exposicións… podedes ver toda a información no seguinte enlace: http://www.trepia.org/novas/596-ana-urbana-2017.html

 

Esperámosvos a todos por alí… VEN TROULEAR CON NÓS… a Pontevedra!!

 

17426140_1621164074575478_1728501518198936564_n

Comentarios desactivados en V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2017
04.17

 

Boas amig@s,

 

Outro ano máis chega o Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés, esta V edición terá lugar no Auditorio do Teatro Afundación Vigo o día 21 de maio en horario de mañá e tarde dependendo da Categoría.

 

O prazo para a inscrición remata o día 1 de maio e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electróncio traspes@traspes.com … non demoredes en apuntarvos.

 

Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición.

 

Un saúdo e vémonos pronto!

 

Bases V Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés

Folla de inscrición V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

 

Proxecto Cartaz V Concurso

Comentarios desactivados en Vacacións de Semana Santa

Vacacións de Semana Santa


2017
04.07

 

Esta tarde pechamos a Asociación durante unha semaniña para disfrutar da Semana Santa. Estaremos de vacacións desde o luns día 10 ata o domingo día 16, o día 17 reanudamos as actividades.

 

Pasádeo ben neste descanso!! Vémonos nunha semana…

 

sketch-1491552210431

 

Aproveitamos esta entrada para compartir con todos vós as bases e a folla de inscrición da presente edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, que terá lugar o día 21 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.

 

Bases V Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés

Folla de inscrición V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés