Archive for mayo, 2017

Comentarios desactivados en VII Serán Traspés

VII Serán Traspés


2017
05.31

 

O vindeiro sábado día 10 de xuño, a partir das 22 h., celebramos o VII Serán na Alameda de Sárdoma, ao carón da igrexa.

 

As inscricións para tocar na festa faranse «in situ» por orde de chegada, e coma tódolos anos acompañarannos grupos de toda Galicia para facernos bailar e divertirnos coa súa música.

 

Haberá comida, roscón e chocolate de balde para tódolos asistentes, e tamén teremos carpa por se ven o mal tempo!

 

Non o penses máis e VEN TROULEAR CON NÓS!! Anota a data na axenda, e que non cho conten…

 

IMG-20170508-WA0002

 

 

Comentarios desactivados en Resultados do V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados do V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2017
05.22

 

 

Antes de publicar os resultados do noso V Concurso de Canto e Percusión Tradicional, reiterar o noso agradecemento aos patrocinadores do mesmo: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Carmencita La Contenta, De Cotío, Instalaciones del Noroeste S.A. e Contradición. Tamén aos colaboradores: Obradoiro de Costura Saiáns, Xesleio, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Téqueletéquele, Bulideira, Cielito Lindo e Ofint. E como non podía ser doutro xeito, moitísimas grazas tamén aos tres membros do xurado que non o tiveron nada fácil: Leni Pérez, Chus Uzal e Miro Regueira.

 

_20170518_032658

 

Neste V Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:

 

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

 

1º Premio: Os Batáns da A.C. Os Xeitosos de Trazo

2º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

3º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)

Accésit de Vestiario: Grupo C da A.C. Rosalía de Castro (Teo)

 

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:

 

1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

2º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

3º Premio: Grupo B da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)

Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Riveira)

 

Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:

 

1º Premio: Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou (Teo)

2º Premio: Barallocas da A.C. O Amanexo (Oleiros)

3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)

Premio ao mellor vestiario: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)

 

Moitísimas grazas a tódolos grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!! 

 

Comentarios desactivados en V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

V Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2017
05.16

 

Este domingo, día 21 de maio, celebraremos o noso V Concurso de Canto e Percusión Tradicional no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), coa entrada pola rúa Marqués de Valladares.

 

 

Coma en anos anteriores teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentres delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).

 

 

Este concurso non sería posible sen o patrocinio de:
Excma. Deputación de Pontevedra
Concello de Vigo
Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
Codisoil S.A.
Carmencita La Contenta
De Cotío
Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
Contradición

 

 

E tamén a colaboración de:

Obradoiro de Costura Saiáns
Obradoiro de gaitas Gil
Obradoiro de gaitas Antón Corral
Obradoiro de gaitas Afonso Castro
Xesleio tradición e artesanía
Casa Cielito Lindo
Téqueletéquele
Bulideira
Ofint

 

 

Esperámosvos a todos o domingo en Afundación!!

 

 

VEN TROULEAR CON NÓS…

 

Cartaz V Concurso Traspés

Comentarios desactivados en IV Festival de Baile Moderno

IV Festival de Baile Moderno


2017
05.16

 

O vindeiro domingo, día 21 de maio, ás 18 h. na Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive (Vigo), terá lugar o IV Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, no que ademais do noso grupo de Escola de Baile Moderno, participarán tamén o grupo Atlántida, Helios e Flashdance.

 

Se queres pasar unha tarde de domingo vendo bailar coreografías con músicas actuais ás novas xeracións, xa sabes a onde asistir… ESPERÁMOSTE!!

Comentarios desactivados en II Xuntanza Folclórica da Mocidade Henrique Otero

II Xuntanza Folclórica da Mocidade Henrique Otero


2017
05.11

 

Este vindeiro venres, día 12 de maio ás 19 h., a nosa Escola de Pandeireta e Canto Tradicional Infantil participará na II Xuntanza Folclórica da Mocidade Henrique Otero que se celebra co motivo da Semana da Música e das Letras Galegas 2017 no auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

 

Se queredes pasar unha tarde chea de cativos con moitas ganas de facer folclore, xa sabedes a onde acudir!!

 

Screenshot_2017-05-03-16-19-16