Archive for junio, 2017

Comentarios desactivados en PONTEVEDRA II Espectáculo de Música e Baile Tradicional Traspés

PONTEVEDRA II Espectáculo de Música e Baile Tradicional Traspés


2017
06.20

 

O vindeiro domingo, día 25 de xuño ás 20 h. no Teatro Afundación de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés presenta: PONTEVEDRA.

 

«As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia. Herdeiros pois daquelas fontes teatrais denominadas opereta, ópera cómica ou comedia musical, Donas e Cabaleiros, pasen e vexan, escoiten, sintan. Presentamos PONTEVEDRA.»

 

As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos de Vigo e nas sedes Afundación de Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña.

 

NON QUEDES SEN ENTRADA… Un espectáculo de música e baile tradicional diferente 😉

 

http://bit.ly/TRASPES

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/teatro-afundacion-vigo/7476–ii-espectaculo-de-musica-e-baile-tradicional-traspes.html

 

 

Cartaz Pontevedra_Traspés

Comentarios desactivados en Traspés no Luar

Traspés no Luar


2017
06.20

 

Este venres, día 23 de xuño, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estará no programa Luar da CRTVG presentando o seu novo espectáculo: PONTEVEDRA. Estade atentos ás vosas pantallas a partir das 21:45 h.

 

Non perdas o programa desta semana!!

 

Luar640

Comentarios desactivados en Festa de Fin de Curso 16/17

Festa de Fin de Curso 16/17


2017
06.13

 

Este domingo, día 18 de xuño, ás 11:30 h., terá lugar no local social da Asociación Cultural Traspés, a Festa de Fin de Curso 2016/2017, na que haberá pequenas exhibicións das diferentes aulas impartidas durante o ano.

 

Esperámosvos a todos na Avenida da Florida nº32, para pasar unha boa mañá na compaña dos nosos alumnos!!

 

Cartaz Festa Fin de Curso 16-17

Comentarios desactivados en Sorteos no VII Serán Traspés

Sorteos no VII Serán Traspés


2017
06.09

 

Mañá, sábado 10 de xuño a partir das 22 h., temos a celebración do noso Serán na Alameda de Sárdoma, no que teremos moi boa música e baile da man de tódolos grupos e amigos que se queiran achegar ata o noso torreiro.

 

Ademáis temos multitude de sorteos:

 

CD «Vinculeiras» cedido polas Pandereteiras Bouba

CD cedido polas Pandereteiras Lagharteiras

CD + lapis cedido por Azul de Bueu

CD firmado cedido por Xulio Lorenzo

Garrafa de 3 litros de crema de oruxo cedida por Xarabal

Garrafa de 3 litros de licor café cedida por Xarabal

Estuche de viño cedido polas Bodegas Litán

Estuche de viño cedido polo restaurante Carmencita La Contenta

Estuche de viño cedido polas Bodegas As Laxas

Cesta de prantas cedida por Regalos Diumaró

 

Moitísimas grazas aos nosos colaboradores… Entre os que se atopan tamén a Asociación de Veciños O Carballo de Sárdoma, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

Cartaz Sorteos VII Serán Traspés