Archive for octubre, 2017
Comentarios desactivados en Pandereteir@s Traspés na Foliada de defuntos
Pandereteir@s Traspés na Foliada de defuntos
2017
10.29
10.29
Este martes, 31 de outubro, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, celebra desde as 17 h. a festa do Samaín, con actividades que podedes consultar no cartaz que adxuntamos nesta entrada.
Como broche final do día, vaise celebrar ás 20:30 h., unha foliada na Praza do Berbés que non vos vai deixar indiferentes… será terrorífica!! E claro, Traspés non podía faltar… alí estaremos pandereteiras e pandereteiros cantando e bailando toda a noite…
Esperámosvos!! E veña festaaaaaaaaa….
Comentarios desactivados en XIII Encontro Folclórico da ACDC
XIII Encontro Folclórico da ACDC
2017
10.06
10.06
Este domingo día 8 de outubro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, participará no XIII Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A cita terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira), ás 18h., e participarán xunto con nós os grupos Andarela, Froles Novas e Cotogrande.
Esperámoste o domingo por Cabral… VEN TROULEAR CON NÓS!!