Archive for diciembre, 2017

Comentarios desactivados en Vacacións de nadal

Vacacións de nadal


2017
12.26

 

Desde o día 23 de decembro (2017) ata o día 07 de xaneiro (2018), a Asociación Cultural Traspés permanecerá pechada con motivo das vacacións de nadal.

 

Para calquera consulta, coma sempre, podedes poñervos en contacto con nós no correo electrónico traspes@traspes.com, a través do noso facebook traspès, ou no teléfono 886 116 033.

 

Pasade unhas felices festas cos vosos seres queridos, vémonos á volta (o día 08 de xaneiro).

 

Vacacións nadal 17-18

Comentarios desactivados en Boas Festas!!

Boas Festas!!


2017
12.26

 

A Asociación Cultural Traspés deséxavos unhas felices festas e un novo ano cheo de éxitos!!

 

Bo nadal para todos…

 

Postal Nadal 2017

Comentarios desactivados en Volve o Apalpador ás Rúas de Vigo!

Volve o Apalpador ás Rúas de Vigo!


2017
12.20

 

Este venres, día 22 de decembro, ás 17 h., o noso grupo de pequenas pandereteiras, xunto aos grupos da Asociación Veciñal do Casco Vello e Tarambainas, recibirán ao Apalpador na Praza do Berbés.

 

Achégate ata o Casco Vello e recíbeo con nós, tocando, cantando e bailando…

 

Esperámoste!!

 

Screenshot_2017-12-19-22-15-47

Comentarios desactivados en Traspés en Valladares

Traspés en Valladares


2017
12.11

 

Este venres día 08 de decembro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, actuará xunto ao grupo Queixumes e aos grupos Aturuxo, Amieiras e Ledicias, no Encontro Folclórico que organiza a Área de Cultura do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo).

 

A cita terá lugar no auditorio da nomeada entidade.

 

Xa tes plan para esta ponte… Achégate a Valladares…

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

24796608_1910522822295716_4541150002668296249_n

Comentarios desactivados en Traspés pola rúa

Traspés pola rúa


2017
12.01

 

Este domingo, día 3 de decembro ás 18 h., o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés percorrerá a zona de San Paio de Navia con motivo das «animacións de rúa polo nadal» que organiza o concello de Vigo.

 

Haberá pequenas actuacións por distintos puntos do barrio.

 

Anímate e achégate ata Navia… VEN TROULEAR CON NÓS!!