Archive for abril, 2018

Comentarios desactivados en Día Internacional da Danza

Día Internacional da Danza


2018
04.23

 

Este vindeiro sábado, 28 de abril, Traspés estará actuando na Praza da Princesa con motivo do Día Internacional da Danza.

 

O acto comezará ás 18:45 coa lectura do Manifesto do Día Internacional da Danza 2018, e de seguido realizaranse as actuacións dos grupos: Os Ventos de Comesaña, Queixumes e Traspés.

 

Ademáis deste acto central, haberá máis actuacións simultáneas por distintas prazas da cidade: Praza do Emigrante (As Travesas), Praza da Pedra (Casco Vello), Mercado do Calvario ou no MARCO (Rúa do Príncipe), todo organizado e coordinado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

Esperámoste… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

Comentarios desactivados en VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2018
04.16

Cabecera Facebook VI Concurso

 

O vindeiro día 20 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.

 

O prazo de inscrición remata o 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos.

 

Adxuntamos nesta entrada as bases e folla de inscrición:

Bases VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Folla de inscrición VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

 

AXUDÁDENOS A DIFUNDIR!!
Cartaz VI Concurso (proxecto)
Comentarios desactivados en Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo

Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo


2018
04.02

 

Outro ano máis chega á cidade olívica a Festa da Reconquista, e Traspés estará presente co seu posto de bebida, comida e doces.

 

Desta volta a nosa ubicación é na Rúa Joaquín Yáñez (ao final de todo, esquina con Rúa Oliva)… así que pásate por alí para disfrutar de música e baile da nosa terra durante os días 7 e 8 de abril.

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

29542498_1534248083339077_2129520023502490456_n