Archive for mayo, 2018

Comentarios desactivados en VI Festival de Baile Moderno da ACDC

VI Festival de Baile Moderno da ACDC


2018
05.31

 

Este domingo, día 03 de xuño, ás 18 h., terá lugar no auditorio do C.C.R. de Valladares (Vigo), a 2ª parte do VI Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

Xunto ao grupo de baile moderno da Asociación Cultural Traspés, actuarán o grupo «As Sereas de Valladares» e «Flashdance de Cabral».

 

Anímate e achégate a Valladares este domingo!

 

33923480_2121379111225023_4531924730529185792_n

Comentarios desactivados en Resultados do VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados do VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2018
05.21

 

Antes de publicar os resultados do noso VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional, reiterar o noso agradecemento aos patrocinadores do mesmo: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Coctelería Sinatra e De Cotío.

 

Tamén aos colaboradores: Obradoiro de Costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería Crespo, Instalaciones del Noroeste S.A., Pelomanía by Ani, artesán Sito Guimeráns, Adobiarte, Bulideira, Cielito Lindo e Ofint.

 

E como non podía ser doutro xeito, moitísimas grazas tamén aos tres membros do xurado que non o tiveron nada fácil: María Vidal, Anita García e Luis Prego.

 

_20180420_171701

 

 

Neste VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:

 

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

 

1º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

2º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)

3º Premio: Buxainiñas do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)

Accésit de Vestiario: Retranqueiriñas da A.C. Retranqueiros (Ames)

 

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:

 

1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

3º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)

Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Ribeira)

 

Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:

 

1º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)

2º Premio: Meniñas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)

Premio ao mellor vestiario: Grupo A de Cantigas e Agarimos (Santiago)

 

Moitísimas grazas aos 44 grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!! 

 

Comentarios desactivados en VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2018
05.09

 

Chega unha nova edición do noso concurso, nesta ocasión o evento terá lugar o domingo día 20 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), coa entrada pola rúa Marqués de Valladares.

 

 

Coma en anos anteriores, no VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentres delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).

 

 

Este concurso non sería posible sen o patrocinio de:
Excma. Deputación de Pontevedra
Concello de Vigo
Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
Codisoil S.A.
Coctelería Sinatra
De Cotío

 


E tamén a colaboración de:
Obradoiro de Costura Saiáns
Obradoiro de gaitas Gil
Obradoiro de gaitas Afonso Castro
Obradoiro de gaitas Antón Corral
Obradoiro de gaitas Seivane
Artesán Sito Guimeráns
Restaurante Casa Cielito Lindo
Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
PelomaníaByAni
Mercería Crespo
Bulideira
Adobiarte
Ofint


Esperámosvos a todos en Afundación!!


VEN TROULEAR CON NÓS…

 

Cartaz VI Concurso Traspés