Archive for junio 4th, 2018

Comentarios desactivados en II Festival Folclórico Estraloque

II Festival Folclórico Estraloque


2018
06.04

 

Este domingo, día 10 de xuño, os grupos de pandereteiras “Rudilleiras” e “Recoiro” da escola da Asociación Cultural Traspés, estarán actuando no II Festival Folclórico Estraloque que terá lugar no auditorio da A.V. Emilio Crespo de Navia (Vigo) ás 18 h.

 

Xunto con elas estarán o grupo “Pándega das Teixugueiras” e os organizadores “Estraloque”.

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

32836121_2121519811196217_8169340161373503488_n

Comentarios desactivados en Traspés no Serán_01

Traspés no Serán_01


2018
06.04

 

Esta fin de semana (8, 9 e 10 de xuño), a Asociación Cultural Traspés, estará presente co seu stand sobre o Concurso de Canto e Percusión Tradicional no Serán_01. I Encontro Galego de Cultural Popular: Baile e Música Tradicional, que terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

_O “Serán’01. I Encontro Galego de Cultural Popular: Baile e Música Tradicional” reunirá na Cidade da Cultural de Galicia, entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional, a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.

 

O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. Baixo a dirección artístitca de Quique Peón, o encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

 

Ao longo dos tres días, o Gaiás, acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultural popular e a danza e a música tradicional.

 

Organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración de Agadic._

 

33851527_1829615793765501_783130416763633664_n